Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta electoral volve a amonestar á Deputación por incumprir a Lei electora, asegura o PP

Nota de prensa

A xunta electoral volve a amonestar á Deputación por incumprir a Lei electoral

Lugo, a 6 de abril de 2011.- A xunta electoral de zona de Lugo requeriu a José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, que retire da páxina web da institución provincial “calquer alusión a proxectos sobre a futura construcción de residencias da terceira idade”.

Insta asimesmo a que por parte da Deputación se evite “no sucesivo” calquer actuación tendente a publicitar mediante visitas ou inauguracións calquer tipo de futuras instalacións, ben de residencias da terceira idade ou calquer outra obra futura, ata que non se teñan celebrado as eleccións do vindeiro mes de maio.

Os populares consideran que esta reiterada vulneración da Lei electoral da que está a facer gala a Deputación evidencia a falla de respeto que o goberno provincial e nomeadamente o seu presidente ten pola legalidade vixente. Pon asimesmo de manifesto, segundo recalcan, a incapacidade das forzas políticas que conforman o goberno provincial para acatar as regras de xogo democráticas.

Exit mobile version