Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pretende subir a auga en Trabada entre un 70% e un 170%, explica o BNG

Nota de prensa

Usuarios de pozos e traídas particulares terán que pagar polo consumo da auga.

A Xunta pretende subir a auga en Trabada entre un 70% e un 170%

O Bloque Nacionalista Galego vai celebrar unhas charlas informativas na que intervirá a avogada e candidata a alcaldía de Trabada María Xosé Fernández onde explicaran aos veciños as consecuencias que vai ter a nova Lei de Augas aprobada polo Partido Popular nas economías das familias do Concello. O calendario e o horario das charlas correspondese co seguinte: Venres 29, as 20:30 na área recreativa da choza na Ría de Abres e ás 22:00h no Teleclube de Sante; Sábado 30 na antiga escola de Valboa ás 16:00h e ás 18:00 h na antiga escola de Vidal; Domingo 30 ás 16:00h no Teleclube de Fornea e ás 18:00h na Casa da Cultura de Trabada.

O Bloque Nacionalista Galego afirma que a nova Lei de Augas que vai significar un importante incremento no prezo da mesma para aqueles que se serven da traída pública e que obrigará a pagar a aqueloutras persoas até agora exentas do pago da mesma por servirse de traídas particulares.

Segundo os nacionalistas no caso das vivendas conectadas a rede pública sufrirán un incremento no recibo que oscilará entre o 170% e o 70%. Así unha vivenda cun consumo de 14 m3, no que residan 3 persoas, vai ver aumentada a factura da auga nun 68.90 Euros ao ano. No caso das vivendas que se serven de traídas comunais ou pozos particulares, exentas até agora do pago da auga, terán que pagar un mínimo de 1,5 Euros ao mes, máis unha porcentaxe polo total da auga consumida e instalar cos seus cartos un contador. Neste suposto o gasto medio por cada fogar vaise situar arredor de 90 Euros anuais ao que se lle debe sumar o costo da compra e da instalación do contador. A nova taxa da Xunta de Galiza tamén supón un importante aumento no prezo da auga para explotacións agrarias e negocios particulares que consuman máis de 2000m3 anuais, pasaran a pagar aproximadamente 1000 Euros ano. Na mesma liña as vivendas sen consumo de auga ou abandonadas terán que pagar 18 Euros ao ano.

O Bloque Nacionalista Galego considera gravemente inxusto este novo imposto, pon a túa disposición un servicio de asesoramento legal e convídate a unha charla informativa para que ten informes con exactitude dos contidos da mesma. Neste sentido os nacionalistas destacan os prexuízos que isto vai xerar en Trabada dado o importante número de casas abandonadas coa que conta, pero tamén porque se lle obriga a pagar a aquelas persoas que se serven de traídas particulares, traídas que foron construídas e son mantidas polos propios veciños. Na mesma liña queren destacar que no caso deste Concello a problemática aínda resulta máis grave posto que Trabada estaba excluída do pago do canon de saneamento, que agora substitúe o canon da auga, polo que lamentan que o PP que fai bandeira de alixeirar a carga fiscal das persoas agora proceda a criar un novo tributo, que afecta a todos os veciños por igual con independencia da renda, supostamente para financiar un servicio como é o saneamento do que carecen os veciños do Concello

Exit mobile version