Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz e a Axencia Tributaria organizan unha conferencia sobre a declaración da renda

Nota de prensa

ACIA FOZ E AXENCIA TRIBUTARIA ORGANIZAN UNHA CONFERENCIA SOBRE A DECLARACIÓN DA RENDA E AS NOVIDADES TRIBUTARIAS DA NOVA CAMPAÑA. SERÁ O 3 DE MAIO NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA.

Foz, 27 de abril de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e a Axencia Tributaria organizan unha conferencia sobre a declaración da renda, as novidades tributarias da presente campaña e especialmente a deducción por vivenda. Será o martes 3 de maio ás 20:15 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

A funcionaria do Corpo Técnico da Facenda Pública Ana Isabel García Fernández fará unha análise detallada da deducción por vivenda e abordará cuestións coma os aspectos máis destacados do imposto da renda sobre as persoas físicas. “Todos serán asuntos de interese para os contribuintes agora que nos atopamos en plena campaña de presentación da declaración de 2010”, explicou o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo. A Asociación de Comerciantes decidiu levar adiante esta charla “diante das dúbidas que xurden cando chegan estas datas e para que todo o mundo saiba o que pode deducir pola compra da súa vivenda e as novidades que se producen”.

A conferencia está organizada pola ACIA e a Delegación da Axencia Tributaria en Foz e conta coa colaboración de Concello de Foz, Dirección Xeral de Comercio, Federación de Comercio de Lugo, Banco Pastor e NovaCaixaGalicia.

Exit mobile version