Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA proposicionase contra a guerra de Libia e critica a hipocrisía dos países occidentais

Nota de prensa de ADEGA

ADEGA PERANTE A GUERRA DE LIBIA

Ante a situación de guerra en Libia, e o que esta a acontecer en outros países como Iemen, Bahrein, Costa de Marfil, …ADEGA quere facer diante da opinión publica as seguintes consideracións:

1.- Os países occidentais estiveron apoiando a Gadafi, por intereses económicos e xeoestratéxicos. De feito os avións militares, as fragatas e as armas vendéronas os países invasores.

2.-A resolución do Consello de Seguridade da ONU utiliza o argumento de defensa da poboación civil, que son os que agora están a morrer. Non é unha intervención en favor da democracia, senón que responde os intereses xeoestratéxicos e económicos. Quen está a sufrir a intervención militar é a poboación civil. Que maneira de protexer, bombardeando o pobo. O mesmo secretario xeral da Liga Árabe, o exipcio Amr Musa, ten condenado esta intervención militar, dicindo que o que está a pasar en Libia non se corresponde con obxectivo de crear unha zona de exclusión aérea, e o que se quería era protexer os civís e non bombardealos.

3.- Gadafi é un ditador, pero que son os reis de Arabia Saudi e Bahrein e o presidente de Iemen, Ali Abdulá Saleh? Nestes casos todo esta permitido, os mortos civís non contan e incluso o exercito saudí pode entrar a axudar a reprimir brutalmente os opositores de Bahrein.

4.- Como saben que van ter difícil eliminar a Gadafi confórmanse con ocupar unha parte a oriental, a Cirenaica con capital en Bengasi, para convertela en territorio de paso cara occidente do subministro enerxético. A guerra civil levará probablemente a partición do país.

5.-Ocuparon e arrasaron Afganistán e Iraq agora fan o mesmo con Libia, pero non fan nada en Costa de Marfil, Iemen, Palestina, Sáhara, Bahrein… e tampouco fixeron nada en Ruanda, Chad… A dobre moral, o cinismo e a manipulación dos medios de comunicación é unha vergoña. Cantas veces vimos e escoitamos o patético e aloucado Gadafi, e cantas o que acontece noutros lugares?

6.- De todos os ditadores que tanto abundan, Gadafi non é especialmente simpático a Occidente, polo seu discurso antiimperialista e porque non se sometía con facilidade os ditados dos poderosos. Pero Libia ten petróleo, gas e minerais e non está lonxe do estado de Israel. Que Libia xunto con Túnez teñan o maior nivel de renda, educación e sanidade tampouco importa, aínda que outros ditadores maten tamén de fame, da igual.

7.- Queremos denunciar a manipulación dos grandes medios de comunicación que levan a opinión pública a respostas emotivas cando lles interesa. Recordemos que na última invasión israelí de Líbano morreron máis civís que en Libia e os medios e o consello de Seguridade da ONU non actuaron do mesmo xeito, simplemente agardaron a que Israel se cansara de bombardear. Igual pasou na última invasión en Gaza.

Agardemos que os pobos árabes, acaben esixindo responsabilidades aos ditadores. Dende ADEGA dicimos NON a esta e a todas as guerras. Por qué se intervén nuns países e noutros non? Cantos ditadores están masacrando as liberdades, os dereitos e a o seu pobo e non se intervén?

Queremos unha nova orde internacional. Queremos acabar coa dobre moral. Denunciamos o cinismo das grandes potencias. ADEGA chama a apoiar as manifestacións que se están a convocar para denunciar esta guerra.

Exit mobile version