Site icon Crónica3.com A Mariña

APREVAL considera que o mundo dos cabalos é un potencial para a Mariña

Nota de prensa:
APREVAL DA AS GRAZAS POLA ASISTENCIA A “V MERCADO DE PRIMAVERA” E FAI FINCAPÉ QUE O MUNDO ECUESTRE E UN “POTENCIAL” PARA A MARIÑA AÍNDA SEN DESENROLAR.

Dende APREVAL (Asociación de Promoción e Recuperación Val do Ouro) queremos dar as grazas a todas as persoas que se acercaron o V Mercado Tradicional de Primavera celebrado o pasado 26 de marzo organizado polo concello do Valadouro, onde APREVAL como segundo ano consecutivo ten o honor de colaborar pola confianza depositada pola Organización.

Queremos agradecer a todos os pais nenos e demais que se acercaron para desfrutar da Escola Infantil de Ponis, cun gran éxito de asistencia. Esta actividade realizada pola organización en colaboración con APREVAL celébrase dentro do Mercado Tradicional de Primavera como segundo ano consecutivo, tratándose dunha actividade didáctica, formativa e de achegamento o mundo do ecuestre os máis peques. Cunha asistencia no 2010 de 590 nenos de toda A Mariña e nos 2011 de 780 nenos, quedando demostrado que canteira podemos ter.

Dende APREVAL queremos demostrar que o mundo Ecuestre na Mariña pode chegar a ser un “potencial”, que aínda esta por desenrolar, por ese motivo animamos a todos os dirixentes que deán un voto de confianza a esta práctica.

No 2011 estamos a traballar nos proxectos desenrolados no 2010 e tamén en varias iniciativas novas:

-EQUINOTERAPIA: queremos levar o mundo ecuestre todas as persoas con discapacidade da Mariña, xa que esta terapia esta a dar uns resultados sorprendentes, pero sempre en mans de xente profesional.

-PISTA DE ANDADURA: como xa citamos noutros artigos o Concello do Valadouro pasou a ser o máis Xinetes aporta o Campionato Galego de Andadura (Modalidade Hípica organizada pola Federación Hípica Galega) dende APREVAL estamos a poñer todos os nosos esforzos para que estes xinetes teña onde adestrar e desenrolar esta modalidade cunhas seguridades mínimas.

Exit mobile version