Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Foz que supón que o concello podería pagar por un terreo en Fazouro o triplo do seu valor

Nota de prensa

O Concello de Foz podería pagar por un terreo en Fazouro o triplo do seu valor de compra debido á xestión ‘improvisada’ de Rivera

O alcalde recoñeceu que aboará un prezo excesivo para situar os novos depósitos, logo dun proceso no que se obviou a intervención de técnicos municipais para avaliar o gasto e proporcionar outras alternativas.

Foz, 05/04/11.- O Concello de Foz podería chegar a pagar o triplo do valor de compra polo terreo
rústico forestal de Fazouro no que se instalarán os novos depósitos. Os datos que presentou o
portavoz do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín, no pasado pleno municipal evidencian
a inexistencia dun estudo previo, hipotecando o Concello cun pago desproporcionado do terreo
durante 6 meses para situar os depósitos.
Foz pagará 210 euros ao mes para manter os terreos nos que se colocarán uns depósitos para os
que se prevé unha actividade mínima de 20 anos. Con ese custo para as arcas municipais durante 6
anos sumaríase un total de 15.120 euros, superando o prezo de mercado no caso de venda do
terreo, duns 2.500 metros cadrados, aproximadamente. É dicir, aos veciños de Foz sairíalles máis
barato o terreo se se comprara ou expropiara, e non pagando o alugueiro. Ademais, o ben quedaría
liberado de renda para os seguintes 14 anos de duración dos depósitos.
O máximo responsable do goberno socialista non só non soubo responder correctamente á pregunta
realizada polo portavoz do Partido Popular sobre se algún técnico do Concello interviñera ou sobre se
se fixera un estudo previo á operación de arrendo por 6 anos do antedito terreo, senón que ademais
recoñeceu que o prezo era bastante alto e que non podía facer nada porque o tempo se lle viñera
encima.
Tal e como afirmou Pedro Fernández, estes son os despropósitos económicos que o Partido Popular
de Foz non está disposto a consentir. Decisións propias dun alcalde que primeiro negocia ás
escondidas cun veciño e despois quere que a oposición lle aprobe as contas e os múltiples
recoñecementos extraxudiciais de débeda que están levando o Concello a unha situación económica
crítica, con problemas para pagar os provedores, para o cal se tivo que pedir un crédito de 700.000 €
e cargar case 300.000 € máis aos presupostos deste ano con facturas do ano pasado, e mesmo
algunha do ano 2008.
O único que pide o PP de Foz é austeridade e transparencia nas contas públicas. Mentres o alcalde
socialista se empeña en realizar malgasto de fondos públicos sen xeito nin responsabilidade
ningunha, con operacións improvisadas que denotan unha lamentable falta de planificación.
A austeridade de Rivera só parece ter cabida nos actos do PSOE, que presume de facer comidas de
presentación por 5 euros. E incluso no mesmo acto de ‘posta de gala’ do candidato socialista ás
municipais, o que afectou á asistencia de persoas ao mesmo

Exit mobile version