Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o Parlamento pide a Portos de Galicia un plan de usos para o peirao vello de Viveiro que contemple a construción do parking soterrado

Nota de prensa

Os populares buscan desbloquear deste xeito a rexeneración destes espazos e que o proxecto final redunde en beneficio do conxunto dos veciños, comercios e visitantes da vila que coinciden na necesidade deste servizo

O parlamento pide a portos de galicia que elabore na presente anualidade un novo plan de usos para o peirao vello de viveiro que contemple a construción do parking soterrado

O Grupo Socialista rexeitou unha proposta de transacción do Grupo Popular na que se lle pedía ao departamento estatal de Costas que investira os tres millóns de euros que supostamente ten reservados “pero non quixeron aceptala dando mostras de que esta promesa é unha trampa y que o PSOE en realidade non ten vontade facer alí nada”

Santiago, 14 de abril de 2011.- O Parlamento galego pide ao ente público autonómico Portos de Galicia que elabore na presente anualidade un novo plan de usos para o peirao velllo de Viveiro –nos espazos situados entre a ponte da Misericordia e o porto deportivo- no que se contemple a construción dun aparcamento soterrado.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro explicou que impulsaron esta iniciativa para desbloquear a rexeneración destes espazos, nun intento de que o proxecto ou proxectos que finalmente alí se desenvolvan redunden en beneficio do conxunto dos veciños, da actividade comercial e daqueles que visitan da vila por cuestións turísticas ou para facer as súas compras.

Balseiro insiste ademais que “esta non é unha iniciativa partidista” xa que foron as asociacións de comerciantes e os propios veciños os que fixeron saber ao Grupo Popular a oportunidade e a necesidade de levar adiante alí a construción dun novo parking soterrado. De non incluír esta infraestrutura entre os novos usos do peirao vello de Viveiro, limitándose a unha solución simplemente en superficie como a que propón o departamento estatal de Costas, se estaría a enterrar e hipotecar o futuro da zona.

PROPOSTA DE TRANSACCIÓN

O Grupo Socialista rexeitou unha proposta de transacción do Grupo Popular na que se lle pedía ao departamento estatal de Costas que investira os 3 millóns de euros que supostamente tiña previsto executar no porto vello de Viveiro. Os populares pedían que non se perdera este investimento, si é que existe, e que se destinara a recuperar aalgún dos espazos de competencia de Costas. “Pero o PSOE non o aceptou dando mostras de que esta promesa é unha trampa y que o PSOE en realidade non ten vontade de facelo”

A ALCALDÍA PROMETEU O PARKING SOTERRADO

Jose Manuel Balseiro lamentou que a Alcaldía socialista de Viveiro constitúa un obstáculo para a rexeneración destes espazos, a implantación de novos usos no peirao vello e a creación do parking soterrado. Lembra ademais que o propio alcalde prometeu repetidamente a creación desta zona de aparcamento soterrada da que agora renega durante os catro anos nos que o bipartito tivo a responsabilidade de goberno da Xunta e que así o demostran as distintas hemerotecas.

COSTAS SEN RESPALDO ORZAMENTARIO NIN COMPETENCIA

Balseiro resta tamén toda credibilidade a excusa alegada pola Alcaldía para negarse a que sexa Portos de Galicia quen execute alí o novo plan de usos. A administración socialista local di dispoñer dun proxecto de rexeneración que financiaría o departamento estatal de Costas, pero nin este ten respaldo orzamentario nos presupostos xerais do Estado, nin pode actuar Costas en espazos que son de exclusiva competencia autonómica, e ademais propón exclusivamente solucións en superficie incompatibles con calquer proxecto de parking soterrado.

Exit mobile version