Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá o 23 de abril o festival de música alternativa Aversión Fest

Nota de prensa:
BURELA ACOLLERÁ O 23 DE ABRIL O FESTIVAL DE MÚSICA ALTERNATIVA AVERSION FEST, QUE ORGANIZAN DOUS XÓVENES DA VILA. NA CITA PARTICIPARÁN CINCO GRUPOS DE O CARBALLIÑO, SANTIAGO, BURELA, VIVEIRO E RIBADEO.

Burela, 21 de abril de 2011. Burela acollerá o vindeiro 23 de abril o festival de música alternativa Aversion Fest , que organizan dous xóvenes da vila membros da banda Torques MC. A cita terá lugar ás 21:30 horas na antiga praza de abastos. As entradas terán un custe de 5 euros. No interior do recinto estará ubicado o escenario xunto a unha barra de bar, postos de artesanía e outro no que se poderán mercar as camisolas oficiais do Aversion Fest 2011.

Na presentación do festival os organizadores explicaron que “o obxectivo é promover a música alternativa en Burela, entendendo como música alternativa aquela que non é música comercial. O festival centrarase no metalcore e outros estilos afíns como hardcore, deathmetal, metal-punk… Outro dos obxectivos é ofrecer a grupos da escea underground galega unha plataforma onde darse a coñecer ao público”.

No festival participarán: Upcoming of Devastation (O Carballiño) Deathmetal/ Grindcore; Death Volta (Santiago D.C.) Metalcore; Torques MC (Burela) Metalcore; New Reason (Viveiro) Metal/Hardcore e Deshonor (Ribadeo) Metal-punk/Hardcore.

Os organizadores contaron que “o festival conta co apoio da Delegación de Cultura de Burela, tanto a nivel económico como na meirande parte da infraestructura necesaria para levalo adiante”.

Os interesados poden obter máis información en www.aversionfest.com

Na presentación do Aversion Fest 2011 participaron Lorenzo García e Ismael Da Silva xunto coa concelleira de Cultura, Neves Cando.

Exit mobile version