Site icon Crónica3.com A Mariña

Caramuxo Teatro representa “nun formato innovador” El Lazarillo de Tormes en San Cibrao

Nota de prensa
Un clásico universal a escena en conmemoración do día do libro

CARAMUXO TEATRO PRESENTA UNHA ADAPTACIÓN DO LIBRO DO LAZARILLO DE TORMES

O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o Domingo de Resurrección, a partir das 18.30 horas, unha orixinal montaxe desta novela interpretado deste a tradición e cultura galega.

En clave de comedia e nun formato innovador que o fai atractivo tamén para os máis mozos, a representación ofrece unha proposta máis completa, vistosa e interesante desde o punto de vista educativo.

Cervo, 20 de abril de 2011.- A edila de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego deu a coñecer a programación especial organizada en conmemoración do día internacional do libro e que suporá a chegada á escena teatral dun clásico universal: O Lazarillo de Tormes.

O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acollerá o Domingo de Resurrección –día 24 de abril-, a partir das 18.30 horas, unha orixina montaxe deste clásico interpretada desde a tradición e cultura galega. Os encargados de facer a adaptación desta novela serán os profesionais de Caramuxo Teatro, que xa acadaron un grande éxito na súa anterior visita a Cervo coa representación dos Bolechas.

“A maior parte das peripecias que ocorren no Lazarillo son folclóricas (de tradición popular), polo que este espectáculo quere aportar unha nova visión da novela achegándoa máis a nosa realidade, … algo que se ve reflectido nas expresións, nas partes musicais e mesmo nos costumes gastronómicos. Cambios que, seguindo fieis ó orixinal, intentan facer a novela máis próxima ás costumes galegas”. A compañía Caramuxo Teatro recupera este texto para darlle outra volta de parafuso, achegala a un público máis familiar e conseguir unha proposta máis completa, vistosa e interesante dende o punto de vista educativo.

FICHA TÉCNICA

Unha historia supervivencia con moita picaresca que de seguro fará as delicias e divertirá aos adultos e aos máis pequenos da casa.

Adaptación e dirección: Juan Rodríguez.

Lazarillo: Xosé Manuel Esperante.

Resto das personaxes: Juan Rodríguez.

Muller: Laura Sarasola.

Música: Tito Barbeito.

Vestiario: Amalia Santiago.

Atrezzo e escenografía: Caramuxo teatro.

Máscaras de coiro: Nando LLera.

Duración: 50 minutos

Entrada libre e gratuíta.

Aconsellada a partir dos 6 anos e ata os 99.

Exit mobile version