Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo renova tramos vellos das canalizacións e prosegue o saneamento tras rematar no Souto

Nota de prensa

AS OBRAS DO NOVO SANEAMENTO DE CERVO REMATAN NA ZONA DO SOUTO PARA PROSEGUIR AGORA NO RESTO DO NÚCLEO DE POBOACIÓN

As obras desta infraestrutura deron mediados do pasado mes de marzo e teñen un prazo de execución de 12 meses

Aproveitando os traballos, a brigada municipal de Obras está a renovar os tramos máis vellos das canalizacións de subministro de auga

Cervo, 4 de abril de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, indicou esta mañá que a empresa encargada dos traballos de construción da nova rede de saneamento que se iniciaron a mediados do mes pasado no núcleo de Cervo remataron a súa actuación no centro do casco urbano cervense e a partires dos vindeiros días continuarán cos traballos no resto de zonas deste núcleo de poboación. “Nestes días os traballos estivéronse desenvolvendo os traballos no contorno da praza do Souto para solventar os reiterados problemas de asolagamentos que víñamos tendo nesa zona” indicou o rexedor.

Villares amosouse moi satisfeito polo discorrer dos traballos, os cales cualificou de “moi boa noticia para todo o municipio e en particular para o núcleo de Cervo” e agradeceu ao executivo autonómico “porque grazas á actual Xunta podemos dicir que estas obras xa están en marcha e pronto será unha realidade o saneamento integral de Cervo”. Así mesmo indicou que o Concello está a aproveitar tamén estas obras para renovar mediante a brigada de Obras municipal as canalizacións obsoletas da rede de subministro de auga e adiantou que as os traballos proseguirán noutros puntos da capital do concello “priorizando sempre nos lugares onde é necesario solventar de xeito definitivo os problemas que tivemos o pasado ano coas tormentas e cos temporais de auga que provocaron inundacións en varios puntos desta poboación” sinalou.

Proxecto pioneiro na provincia

A construción desta nova infraestrutura ten un orzamento de preto de 1,2 millóns de euros financiados ao 100% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e contan cun prazo previsto de execución de 12 meses.

O proxecto abrangue distintas actuacións co fin de resolver as carencias da rede de saneamento dos núcleos de Cervo e Figueirido. Nel se inclúe a eliminación de verteduras de augas residuais sen depurar ao río Xunco e se contempla a colocación de colectores e renovación da rede actual nestes dous núcleos. Así mesmo, o proxecto inclúe tamén construción dunha innovadora estación depuradora con capacidade para dar servizo a máis de 1.500 habitantes baseada nas propiedades das plantas acuáticas para o tratamento das augas residuais.

Exit mobile version