Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituiron unha mesa local do sector da madeira no Concello de Lourenzá

Nota de prensa

CONSTITUÍDA NO CONCELLO DE LOURENZÁ A MESA LOCAL DO SECTOR DA MADEIRA

Na semana pasada constituímos a Mesa Local do Comercio
Recordar charla sobre as SOFOR a realizar mañá no Concello

Lourenzá, 14 de abril do 2011- Na tarde noite do día de onte, constituíuse no Concello de Lourenzá a Mesa Local do Sector da Madiera cuios membros son:

– Presidente: D. Vidal Martinez-Sierra López (Alcalde)

– Secretaria: Dona Mª Emma Alvarez Chao (Concelleira med. Rural)

– Vogais: D. Alfredo Rodríguez Álvarez (propietarios)

D. Eugenio Pedreira Amieiro (rematantes e maderistas)

D. José Seivane Navia (aserradoiros)

D. José Antonio Seivane Gonzalez (talleres de carpintería)

D. Angel Hermida Lage (industria)

D. Francisco Hermida Seivane (moblería)

O obxetivo desta órgano, donde está representado todo o ciclo da madeira é a participación, coordinación e cooperación entre a Administración Local e os axentes representativos do sector da Madeira deste Concello.

Previo a constitución desta mesa mantúvose unha reunión o pasado luns 4 de abril as 20 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Lourenzá á que foron invitados tódos os autónomos e as empresas deste Concello que participan nos distintos eslabóns do ciclo da Madeira para manifestarlles o interese do organo de goberno local de constituir a Mesa Sectorial da Madeira, por entender que é o Sector Forestal un dos sectores máis produtivos deste Concello, xa que se desenvolve no mesmo o ciclo completo da Madeira. Nesa reunión elexironse as persoas que constituien esta mesa.

Creemos que con esta iniciativa se potenciará o sector forestal. Consideramos que a importancia dos recursos forestis laurentinos son a verdadeira fortaleza deste Concello de cara ao futuro.

Aproveito para recordar que mañá venres día 15 as 21 h no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Lourenzá e o sábado 16 as 11 h no Salón de Actos do Concello do Xove se realizará unha charla informativa sobre as Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) recentemente publicado o decreto que as regula como figuras de xestión forestal conxunta. Nesta charla inservirán o Dtor. Xeral de Montes, D. Tomás Fdez. Couto Juanes e a portavoz de montes do Grupo Parlamentario Popular Emma Alvarez e son abertas a todo público interesado.

Recentemente constituíamos tamén a Mesa Local do Comercio dando cumprimento deste xeito ao establecido no artigo 21 da Lei 13/2010 do 29 de decembro de comercio interior de Galicia.

Constituien esta mesa:

– Presidente: D. Vidal Martinez-Sierra López (Alcalde)

– Secretaria: Dona María José López Noceda (Técnico do Concello)

– Vogais: Dona Mª Josefa Cortiña Darriba (Representate da Xunta de Galicia)

Dona Guadalupe Flórez Seivane (Representante do Concello)

Dona Mª Emma Alvarez Chao ( Representante do Concello)

Dona Mª José Jiménez Torres (Representante dos consumidores)

D. José Manuel Reigosa Vidal (Representante dos comerciantes)

Exit mobile version