Site icon Crónica3.com A Mariña

Doce persoas asisten a un curso na Pontenova para mellorar as habilidades para o emprego

Nota de prensa:
DOCE ASISTENTES A UN CURSO DO PLAN DE INCLUSIÓN EN A PONTENOVA (LUGO) BUSCAN MELLORAR AS SÚAS HABILIDADES PERSOAIS PARA O EMPREGO

Estas accións formativas buscan facilitar o acceso a un posto de traballo

Santiago, 21 de abril de 2011.- Un total de 12 participantes no II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) da Consellería de Traballo e Benestar asisten estes días a un curso de competencias persoais na Casa da Cultura do Concello de A Pontenova.

Cun total de 30 horas de formación, os asistentes adquiren estratexias de desenvolvemento persoal e habilidades sociais, abordando cuestións como a comunicación interpersoal, a resolución de conflictos ou a autoestima.

Os cursos de competencias persoais constitúen unha ferramenta coa que o II PGIS busca favorecer a incorporación dos asistentes ao mercado de traballo a través da adquisición de habilidades persoais que resultan eficaces para o emprego.

Outros instrumentos do II PGIS son prácticas en empresas, formación ocupacional, cursos con compromiso de contratación ou formación en búsqueda de emprego, accións todas elas que melloran o perfil profesional dos asistentes e, polo tanto, as súas opcións de acceder a un posto de traballo.

O II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia e é xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Exit mobile version