Site icon Crónica3.com A Mariña

El Rincón de Anita, O Chícaro e O Lar serviron as tapas gañadoras da VIII Ruta de Tapas de Foz

Nota de prensa

ACIA FOZ ENTREGARÁ OS DIPLOMAS E OBSEQUIOS AOS GAÑADORES DA VIII RUTA DE TAPAS NUNHA CEA QUE SE CELEBRARÁ  PROXIMAMENTE NA VILA. EL RINCÓN DE ANITA, O CHÍCARO E O LAR FORON OS PREMIADOS.

Foz, 26 de abril de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz fará entrega dos diplomas e obsequios aos gañadores da VIII Ruta de Tapas no transcurso dunha cea que se celebrará próximamente na vila, segundo daba a coñecer esta mañá o presidente, José Carlos Paleo.

As tapas gañadoras da oitava ruta que se desenvolvía os pasados 22 e 23 de abril en Foz foron:

-PRIMEIRO PREMIO: Casa Rural El Rincón de Anita coa tapa Sabor de mar.

-SEGUNDO PREMIO: Bar o Chícaro con O Campudo.

-TERCEIRO PREMIO: Restaurante-Bar O Lar con Charlota de lombarda de pollo y champiñones.

Paleo agradeceu a todos os establecementos a súa participación nesta consolidada cita gastronómica e a todos os veciños e visitantes que se achegaron a disfrutar dos mellores sabores da cociña en miniatura.

Exit mobile version