Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares de Muras visitaron no proxecto didáctico de Regal Xunqueira en Viveiro

Nota de prensa

O Proxecto didáctico de REGAL XUNQUEIRA en Viveiro, renovou hoxe a súa actividade con escolares do COLEXIO DE MURAS. Os nenos inícianse na cerámica, creando as súas propias figuras modelando coas mans. Como complemento a esta visita didáctica editáronse unha serie de guías didácticas, acordes aos diferentes niveis educativos: de 3 a 6 anos; de 6 a 9 e de 9 a 12 e alumnos de secundaria.

Os nenos comprenden que o barro é un ingrediente fundamental para a creatividade, que esta arte atópase presente en todalas civilizacións e que tanto pola súa banda artesanal como pola súa calidade como material pódese atopar en todolos ámbitos da vida, desde os máis domésticos ata naqueles nos que se desenvolve a tecnoloxía máis vangardista.

O colexio público de muras abriu hoxe a nova tempada dirixida aos centros de ensino, un programa no que os escolares visitan o taller , museo da cerámica, museo do coiro, a exposición temporal OS NOSOS ESCRITORES, xunto aos seus profesores e compañeiros e gozan de ser “ceramistas por un día”. Explícaselles de forma amena e didáctica o funcionamento do Taller de Cerámica REGAL e os procesos que ven implicados na realización dun xarron ou dunha obra de cerámica. Finalmente eles teñen a oportunidade de elaborar as súas propias creacións.

Exit mobile version