Site icon Crónica3.com A Mariña

Esperpentos focegos

Levo unhos anos vivindo en Foz, e veño observando cousas que me parecen
surrealistas.
Un dos mamotretos que representa o feismo urbanístico, do cql temos en Foz
moitos exemplos, é o edificio ao carón da Casa da Cultura. Nel se mostran
cousas que nunca se tiñan que aprobar: formigón armado cara vista, uralita
e azulexos en algunha fachada e unha altura desproporcinada.
Para quen non coñeza Foz, a Casa da Cultura é un dos poucos edificios
históricos e antigos que non caeu baixo a piqueta do “modernismo” e o
progreso?
Outro bo exemplo de mamotretos son sen dúbida As Torres, ata había xente
que opinaba lle daban un aire de gran cidade a Foz . De qué ? Seguimos coa
cementada do Cenima, na que gastaron 5 millóns de euros, e agora non cumpre
a función para a que supostamente se fixo. O mais esperpéntico é ver como
os funcionarios de Costas– organismo promotor- seguen nun entrechán pagado
polos contribuintes. Qué boa administarción dos nosos cartos, non?
Outros casos que non me exprico son esas rúas sen abrir, Fonte da Cruz,
fronte a villa Modesta, cunha urbanización detrás e accesos por un camiño.
A prolongación da rúa de Sarria, con saída a Ollo do Mar, que ademais
facilitaría o tráfico nesa area. De quén é a finca afectada?
Unha depuradora que non funciona o outro lado da piscina, fronte a ésta
seguen aparcando os camións da basura. Qué pobo turistico tan peculiar.
Noutro orden de cousas están as contas do concello. Despois dunhas 6000
licenzas no 2006, agora resulta que non hai cartos, ou mais ben hai débedas.
Pero cómo ? Moi boa xestión do sr. Rivera.
Aí están miles de pisos que non pagan o IBI. Como o van facer se moitos e
deles son dos constructores amigos do alcalde, que está sen vender e que
tamén lles perdonou tasas de guindastre, auga ou ocupación de beirarrúas.
En canto o Asilo, para os que andan mal de memoria, recordarlles os paus nas
rodass que puxo o actual alcalde para a cesión dos terreos porque a
consellería implicada era do BNG o mismiño que fixo coa galescola ou co
auditorio.
Por certo non estou dacordo con que a Deputación se arrogue competencias que
non son súas: campo de futbol, asilo…. A miña pregunta é non ten moitas
estradas que amañar, que si son da súa competencia?

Lourenzo

Exit mobile version