Site icon Crónica3.com A Mariña

Estampas focenses

Nestes días estamos a ver os primeiros actos da campaña das municipais. Vamos ver de todo. Unha das últimas a dun blog de esquerda, mais ben de “pepito” sobre os coellos que seique ofreceu alguén para ir a reunión con Cancio.
Eu, para uns e outros deixo eiqui algunhas estampas que teñen fácil solución, ata puidera ver que , inxenuo de min, antes do 22 de maio xa se arranxaran.
Eses camions da recollida do lixo aparcados no porto de Foz, fronte a piscina e da depuradora, non teremos abondo con esta para cheirumes? Penso que sí.
Ademais queda moi feo para o turismo.
Esas beirarrúas coas plaquetas rotas ou soltas, ou os furados restos de tubos que temos aí, esperando que unha dama meta o tacón e torza ou rompa algo. Non ten fácil amaño?
Esas rúas inacabadas, sen abrir, primeiro, naturalmente, fixeron os edificios, e agora veñen as estradas e as beirarrúas. Fonte da Cruz e prolongación rúa de Sarria, con saída a Ollo do Mar. Por certo eiquí, nin
abriron rúa, nin case queda o carreiro ata o araron, e queda pouco del.
Qué bonito!
Eses 450000 euros para o campo de futbol, non hai outras necesidades en Foz?

Lourenzo

Exit mobile version