Site icon Crónica3.com A Mariña

Estudantes do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas facerán práctica no CD Burela FS

CENTRO DE FORMACIÓN PARA DOUS ESTUDANTES DO IES MONTE CASTELO
Nota de prensa

O CD BURELA FS, CENTRO DE FORMACIÓN PARA DOUS ESTUDANTES DO IES MONTE CASTELO

Dende o pasado 28 de marzo, conta con dúas persoas máis na súa engrenaxe interna, os estudantes do IES Monte Castelo José Manuel Fraga e Lidia Mesías, que poñerán en práctica as capacidades do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas no club laranxa como centro de formación.

Baixo a coordinación, seguimento e valoración do director da EDM EON Burela FS, Alfonso Mera, Lidia e José realizarán as prácticas formativas ata o 13 de xuño. Completarán un total de 380 horas, ao longo das cales se internarán tanto na dinámica de xestión e organización da escola deportiva coma nos adestramentos e competicións das diferentes categorías de base, así como nas sesións dos primeiros equipos.

A posibilidade de realizar prácticas no club, como centro de formación, aparece contemplada no convenio de colaboración que dende hai anos une o centro educativo e a entidade laranxa. As axudas prestadas polo club burelao ao instituto tamén xiran en torno á organización de charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, así como na promoción da aprendizaxe permanente da Aula Mentor. Pola súa banda, o IES Monte Castelo deixa á disposición da entidade a loxística do centro, ademais de participar en diferentes actividades das categorías de base como o Campus Internacional Mixto.

Exit mobile version