Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 60 clubs da provincia asistiron a presentación da Copa Deputación de Fútbol

NOTA DE PRENSA

CELEBROUSE NA DEPUTACIÓN A XUNTANZA DA XXVIII COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL NA QUE SE REALIZOU O SORTEO DE EMPARELLAMENTOS

Antonio Veiga presentou a competición, aberta a todos os clubs de fútbol das categorías provinciais e, desde o ano pasado, tamén na categoría feminina

LUGO, 09 de abril de 2011. O delegado a Área de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou hoxe a XXVIII Edición da Copa Deputación de Fútbol no Pazo de San Marcos. No acto tamén estiveron presentes representantes da Federación Galega de Fútbol como organizadora da competición. A este acto de presentación, no que tamén se celebrou o sorteo, asistiron representantes de máis de 60 clubs de toda a provincia.

Participan nesta edición da Copa Deputación un total de 84 equipos. 25 equipos de 1ª autonómica (7 equipos) e preferente (18 equipos), non houbo ningunha renuncia, segundo os datos aportados pola Federación Galega de Fútbol, e os emparellamentos realizáronse por sorteo puro. No caso da 2ª e a 3ª autonómica, participan 59 equipos: 32 de 2ª e 27 de 3ª (tampouco houbo ningunha renuncia), e os emparellamentos fixéronse por proximidade. A Copa Deputación feminina, na que participan o Friol, o Milagrosa e o Monteforte xogarase nunha final a 3 (sistema 3 en 1), o día 19 de Xuño, antes da final masculina de preferente e 1º autonómica

Exit mobile version