Site icon Crónica3.com A Mariña

Materiais Cerámicos calcula producir 5 millóns de metros cadrados na planta de Fazouro no 2013

Nota de prensa

MATERIALES CERÁMICOS S.A.U AGARDA CHEGAR AOS 5 MILLÓNS DE METROS DE PRODUCCIÓN AO ANO E AOS 30 MILLÓNS DE EUROS DE FACTURACIÓN NO 2013 COA NOVA PRANTA QUE CONSTRÚE EN FAZOURO.

Burela, 1 de abril de 2011. Materiales Cerámicos S.A.U agarda chegar aos 5 millóns de metros cadrados ao ano de producción e aos 30 millóns de euros de facturación no 2013 coa nova pranta que constrúe en Fazouro, unhas instalacións que suporán un custe total de 24 millóns de euros.

O xerente e propietario, Miguel Rey, asegura que “o obxetivo é estar funcionando a finais deste ano ou principios do que ven e empezar a producir modelos que nos demandan os clientes e que na pranta actual non podemos facer por falta da maquinaria necesaria. Coas novas instalacións queremos aumentar a exportación para situarnos na media da exportación española de porcelánico, que anda no 80 por cen. Os nosos destinos serán principalmente Europa e Estados Unidos”. A producción de Materiales Cerámicos S.A.U vai agora para Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Canarias, norte de Portugal, Inglaterra, Irlanda, Grecia, Malta, Chipre, Puerto Rico, Colombia e Uruguay.

Rey sinala que “a posta en marcha desta nova pranta supón a remodelación total da fábrica e situaranos no mercado actual poque agora mesmo, coas instalacións que temos, estamos fora do mercado”. E subliña que “para chegar a lograr este investimento de 24 millóns de euros tivemos que facer moito traballo e chamar a moitas portas”.

O xerente de Materiales Cerámicos lembra que “esta planta está en venda desde 2002, o 30 de xuño de 2005 pechárona e eu compreina. Fixemos un estudio de mercado e vimos que a marca Gres Burela tiña moita aceptación en Madrid, Barcelona, Cataluña, Canarias e noutros lugares. Vimos que tiña moita presencia no mercado despois de tantos anos e decidimos facer a nova pranta no 2007”. Miguel Rey relatou que “chegou a crise financieira e non foi posible naquel momento. En 2008 empezamos a facer toda a tramitación para construir a pranta en Fazouro e a negociar co conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Tiñamos todo pechado, pero o 1 de marzo de 2009 cambiou o goberno da Xunta e empezamos as negociacions con esta xente que está agora. Presentamos o proxecto e pedimos axuda económica tanto en Galicia como en Madrid. A Xunta cumpriu ao cen por cen con nós e en Madrid contamos de momento cunha pequena partida de Reindustrialización de 800.000 euros”. Dos 24 millóns que custarán as novas instalacións, 7,3 millóns proceden dun préstamo do Banco Europeo de Inversións e 2,2 millóns dunha subvención da Xunta a través do IGAPE. A nova pranta ocupará unha superficie de 44.000 metros cadrados.

Ademáis das cifras de facturación e de producción Miguel Rey tamén incide nos postos de traballo que se crearán coa posta en marcha das novas instalacións, “na nova pranta vamos empezar cuns 60 obreiros, pero en pleno rendimento pode chegar a ter 150 obreiros, o que supón uns 575 postos indirectos. Isto suporá un impulso económico moi importante para toda a zona”. Rey quere manter a marca de Gres Galicia a nivel internacional e Gres Burela no mercado nacional.

Exit mobile version