Site icon Crónica3.com A Mariña

Mozos do PP da Mariña din que se reúnen nunha cea en Mondoñedo como mostra da cohesión comarcal e para a posta en común de ideas

Nota de prensa

Mozos do PP da Mariña reúnense mañá nunha cea en Mondoñedo como mostra da cohesión comarcal e para a posta en común de ideas

A cea, na que participarán máis de medio centenar de rapaces populares, marca o inicio dun proxecto de traballo unificado entre as agrupacións do PP da zona trala constitución da primeira xunta comarcal de Novas Xeracións de toda Galicia

A Mariña, 29 de abril de 2010.- Máis de medio centenar de mozos de toda A Mariña reuniranse mañá en Mondoñedo, coíncidindo coa Feira das Quendas, para a posta en común de ideas e proxectos en materia xuvenil. Esta cea supón o inicio do traballo común e cohesionado entre as distintas agrupacións politico xuvenís de Novas Xeracións da Mariña. Con esta iniciativa, a xunta comarcal de Novas Xeracións da zona –a primeira creada en toda Galicia– busca a unión interna entre concellos que comparten inquietudes e problemáticas semellantes.

Ata Mondoñedo tamén se desprazará o secretario rexinal de Novas Xeracións, Juan Francisco López Prieto, para contribuír co proxecto comarcal da agrupación. Pola súa banda, o presidente provincial, Daniel Vega, refeririuse a “importante necesidade de lograr o traballo unificado entre xóvenes de concellos próximos e con características semellantes”, ao que engadiu que a xunta comarcal da Mariña “permite o logro do traballo en conxunto e con elo unha agrupación cunha clara organización de cara aos próximos comicios electorais do vindeiro 22 de maio”.

“Con iniciativas comúns, unha estrutura sólida e un traballo coordinado o resultado dunhas eleccións pode ser moito máis positivo para o Partido que cumpra eses requisitos”, así o manifestou Vega. Con este reto de unidade, a xunta comarcal “decidiuse pola organización dunha cea na que plantexar proxectos e lograr o consenso e a comunicación fluída” entre os xóvenes populares da Mariña.

A partir de mañá, segundo explicou Vega, a xunta comarcal de Novas Xeracións continurará “co seu percorrido de apoio a todos o candidatos da comarca, pero probablemente” coa constitución da xunta comarcal e trala cea de confraternidade “o traballo será máis productivo”.

A constitución de xuntas comarcais eran propostas do programa de Javier Dorado cando chegou á presidencia rexional. Trala creación en marzo da xunta comarcal da mariña, que coordina Diego Campo, Novas Xeracións arranca co seu proxecto de “lograr piares básicos de unidade” que permitirán optimizar o traballo da agrupación e con elo seguir expandíndose polos 67 concellos de lugo e os 315 de Galicia.

Exit mobile version