Site icon Crónica3.com A Mariña

Na sexta edición de “Ribadeo de tapeo” participarán 51 establecemento de hostalería

Nota de prensa:
NA SEXTA EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO PARTICIPARÁN 51 BARES, MESÓNS E RESTAURANTES DO 30 DE ABRIL AO 8 DE MAIO. ADEMÁIS DE TAPAS HABERÁ ACTIVIDADES ALTERNATIVAS COMA CINE OU CONCURSOS FOTOGRÁFICOS E DE MICRORELATOS GASTRONÓMICOS.

Ribadeo, 1 de abril de 2011. Na sexta edición do Ribadeo de tapeo participarán 51 bares, mesóns e resturantes do concello, segundo subliñou hoxe o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor dixo que “unha vez pechado o prazo de inscrición temos un total de 51 establecementos de hostalería de Ribadeo anotados. Esto significa que aumenta ano tras ano a participación, no 2010 xa batemos récords con 49 locais e neste 2011 chegamos aos 51. Hai moitos que son fieis e repiten edición tras edición e tamén hai novidades dos establecementos que nos últimos meses foron abrindo as súas portas e que queren estar neste evento coma unha forma de darlles publicidade aos seus locais”.

Suárez Barcia manifestou que “non todas as actividades que haberá versarán entorno ás tapas, senón que tamén temos outras alternativas que queremos potenciar este ano como cine gastronómico, concurso de fotografía e de microrelatos gastronómicos, cenas a cegas, catas… algunhas actividades que tamén algúns establecementos quererán amosar aos seus clientes. Tamén, coma sempre, teremos os premios de pasadas edicións, do público, á mellor barra, á mellor tapa e tamén o larpeiro de ouro, que creamos o ano pasado. A éste último premio só poderán concurrir todas aquelas persoas que fixeran e acreditaran documentalmente ter probado a totalidade das tapas a concurso”.

O alcalde de Ribadeo está convencido de que “nestas dúas fins de semana durante a celebración do Ribadeo de tapeo do 30 de abril ao 8 de maio miles de persoas de Ribadeo, da Mariña e do Occidente asturiano terán á nosa vila coma referente, como capital da gastronomía en miniatura e confiarán outra vez neste sector tan importante que é o da hostalería para seguir facendo de Ribadeo un lugar de compras, de visita, un lugar para tomar os viños, en definitiva un lugar agradable para estar”.

Exit mobile version