Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX. pídelle actuacións inmediatas ao goberno de España en materia laboral

Nota de prensa

NN.XX. pídelle actuacións inmediatas ao Goberno central en materia laboral xa que “o tempo corre en contra do noso futuro”

A xeración de mozos “mellor preparada” sofre unha taxa de desemprego dun 26% en rapaces de entre os 25 e os 29 anos e ascende ao 42% en menores de 25 anos

Lugo, 16 de abril de 2011.- A taxa de parados en menores de 25 anos en España supera o 42% e a dos mozos que teñen entre 25 e 29 ascende ao 26%. Ante esta situación, Novas Xeracións da provincia de Lugo pídelle ao Goberno central que “actúe xa, o tempo corre en contra do noso futuro e do futuro dos nosos xóvenes”. Así o pon de manifesto o coordinador das áreas de Economía e Industria na agrupación político xuvenil de Lugo, José Miguel Coira.

O responsable de Novas Xeracións no ámbito laboral pregúntase “que é o que non se está facendo ben para que a xeración de xóvenes mellor preparada permaneza nas oficinas públicas de desemprego”. Segundo Coira, é “evidente” que as medidas que se implantaron na reforma imposta en maio do ano pasado por real decreto do Goberno “non funcionan”.

O popular engade que “é malo que o paro suba, pero é peor que o desemprego xuvenil aumente”. Dado o elevado número de xóvenes sen traballo, Coira explica que “o Goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatatero ten que rectificar e aplicar novas medidas para que esto se solucione”. Dacordo con Coira “non é permisible que este abandono e deixadez por parte do executivo central o sufra unha xeración de xóvenes”, da que di que “está nun quero pero non podo dentro do mercado laboral”.

O membro de Novas Xeracións asegura que a dificultade para atopar emprego conleva “ao desánimo dos xóvenes por iniciar unha carreira profesional”. “Se non se lles dá unha oportunidade aos mozos para pór en práctica os seus coñecementos é imposible que mellore a productividade”, conclúe.

Exit mobile version