Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova derrota do Xove e descenso matemático para o Celtas


M.F.O. – O Celtas-Primera Calidad consumou o descenso a falta de unha xornada de liga tras perder en Lugo fronte o A. X. Sagrado Corazón. As derrotas fronte os rivais da zona baixa da táboa propiciou que os focenses non puideran lograr a ansiada permanencia.
Pola súa banda o C. B. Xove voltou a perder e encadea a quinta derrota consecutiva. Os mariñáns fixeron un bo partido, pois foron gañando durante trinta e nove minutos, pero os de Porriño puxéronse por diante no marcador no último minuto. O resultado final de 73 a 74 denota a dolorosa derrota.

Exit mobile version