Site icon Crónica3.com A Mariña

O 24 de abril celébrase na Marosa o “I Trofeo de fútbol-7 Concello de Burela”

Nota de prensa:
I TORNEO DE FÚTBOL-7 CONCELLO DE BURELA
A SD Burela, en colaboración co Concello de Burela, organiza o
primeiro torneo de fútbol 7 o próximo domingo 24 de abril no campo
anexo A Marosa.
O campo de herba artificial recentemente inaugurado serve como
motivo desta nova iniciativa deportiva encamiñada aos máis
pequenos das categorías inferiores da entidade.
Os conxuntos presentes neste torneo serán o ED Lourenzá, Santiago
de Foz, SD Ribadeo e SD Burela nas categorías alevin, benxamin e
prebenxamín, dando inicio a competición a partir das once da mañá
do domingo e as finais serán a partir das seis menos cuarto da tarde.
Agradecemos a colaboración do Concello de Burela para poder levar a
cabo esta actividade e convidámolos a ver as evolucións dos rapaces
nesta xornada

Exit mobile version