Nota de prensa
ALFONSO FUENTE REMITÍULLE AO DEPARTAMENTO DE VÍAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN A FOTO DUN CARTEL QUE APARECEU COLOCADO NUNHA ESTRADA DE TITULARIDADE PROVINCIAL. NESE CARTEL RECLÁMASE O PINTADO DUN PASO DE PEÓNS E QUE SE TAPE UN FURADO.
O rexedor explicou que “na tarde de onte desprazándome pola estrada das praias atopabamos este cartel colocado nun vial de titularidade provincial e entón o que fixemos hoxe mesmo foi dar conta á Deputación para que realice os trámites que considere oportunos”.
Fuente Parga dixo que “neste cartel pídese que se pinte un paso de peóns e que se tape un furado que hai na estrada. Para que quede claro de quen é a titularidade da mesma temos que decir que é da Deputación e nos o que fixemos, no noso ánimo de colaboración entre administracións, foi sacar unha foto e dar conta ao departamento de Vías e Obras do ente provincial”.