Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo satisfeitos do ritmo no que se están levando a cabo as obras do centro de día

Nota de prensa

O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado de técnicos municipais e responsables da obra, visitaron no día de hoxe as obras do Centro de Día – Residencia. Obra coa que se está materializando un dos principais compromisos adquiridos polo Grupo de Goberno coa cidadanía e coa que se dá resposta a unha reivindicación veciñal. Conta cun investimento global superior aos 2.000.000 €, achegados principalmente pola Xunta de Galicia.

Este Centro de Día – Residencia, vai ser a primeira Residencia pública da Mariña Occidental. As obras van ao ritmo previsto, sen ningún tipo de incidencia, xa se adaptaron os niveis de plantas do edificio ás cotas reais do terreo, de acordo coa dirección facultativa da obra, e nestes momentos está xa realizada a cimentación do edificio e a soleira sanitaria, así como o movemento de terras e o saneamento interior soterrado do edificio. Tamén se executaron os muros e pilares da planta semisótano, encontrándose armando o forxado de teito do semisótano, que previsiblemente estará rematado para a próxima semana.

As obras execútanse coas medidas de seguridade e saúde indicadas no plan de seguridade e saúde da obra. Tamén dende o Concello de Cervo e dende a empresa construtora estanse realizando os ensaios e as visitas de control de calidade, estipuladas no plan de control de calidade da obra.

Unha vez comprobado o discorrer idóneo no desenvolvemento dos traballos, encontrámonos satisfeitos do ritmo no que se están levando a cabo as obras do Centro de Día –Residencia e coas condicións técnicas e de calidade que se dispuxeron dende o primeiro momento.

Exit mobile version