Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz anuncia o comezo das obras da estrada dende a basílica de San Martiño á estrada de Foz

Nota de prensa:

O Alcalde do Concello de Foz, sinala que o prometido é débeda, e o Presidente da Deputación e o Alcalde de Foz lle manifestaron aos veciños e veciñas de San Martiño que antes de que acabara o mes de abril,a estrada que vai dende a Basílica á estrada Foz – Ferreira estaría rematada co aglomerado colocado. Pois ben. a obra xa comezou e agárdase que remate o vindeiro mércores. A inversión supuxo un montante de 150.000€.

Por outro lado, é certo que aos veciños e veciñas de San Martiño se lles debe diñeiro desta expropiación, pero a Deputación que xa pagou a todos/as aqueles/as que consideraron que o que se lles pagaba era correcto. Está á espera que se remita dende o Xurado de expropiación o que se ten que pagar nos demais casos.

O problema está en que existen veciños que reclamaron porque os prezos que lles pagaban, consideraban que non era correcto para eles. Ese expediente está no Xurado de Expropiación e, mentres non convoquen a xuntanza co punto do orden do día das expropiacións de San Martiño, non se poderá pagar. A Deputación que nada ten que ver con este Xurado e non pode pagar aos afectados e afectadas ,debido a que lle terán que dar no seu día a relación de canto se ten que pagar a cada un/ha.

O alcalde está satisfeito de como se está actuando e de cumprir con todo aquelo que se promete á cidadanía.

Exit mobile version