Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz anuncia que traballa para crear unha cooperativa con 100 postos de traballo

Nota de prensa

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, manifesta que todo canto se faiga por crear emprego na nosa comarca, na nosa provincia e en todas as rexións do noso país, redundará na tranquilidade e benestar social das familias.

O Concello de Foz dende o primeiro momento que se notou que o paro subía de forma desorbitada, comenzou a buscar mecanismos para non disparar a alarma e poder ofrecer aos cidadáns unha saída razonable dentro da situación crítica existente, fomos capaces de presentar un Plan de Emprego Local no ano 2010, dándolle entrada a 30 cidadáns para traballar na Administración Local. Este Plan foi moi ben acollido pola cidadanía e deunos pé para facer posible que neste ano 2011 a Deputación Provincial acertadamente creara o Plan Lugo Emprega, é decir que todos os Concellos da Provincia de Lugo que se quixeran acoller a este Plan tiñan as portas abertas, cousa que o Concello de Foz aproveitou dunha maneira clara este plan para ofertar novamente 29 prazas para os traballadores e traballadoras desempregadas do noso Concello, de ahí a nosa felicitación á Deputación Provincial por poñer en funcionamento un Plan de Emprego que beneficia á maioría da provincia.

Non só o Concello de Foz creou emprego mediante este Plan, si non que buscou outras formas de chegar aos empresarios, para ofertarlles homes e mulleres dispostos a traballar.

Según o Alcalde de Foz, José Mª García Rivera, estamos a traballar nestes momentos nun documento que se denomina Pacto polo campo, donde queremos facer unha gran cooperativa agraria que pretende ofertar 100 empregos anuais, con fórmulas mixtas de cooperación entre o Concello de Foz, Diputación Provincial, Xunta de Galicia e Goberno do Estado, con aportacións de terreos, infraestructura e economía que procederá dun plan europeo, donde esta idea encaixa para levala a cabo e diminuir aínda máis as cifras de paro na nosa localidade.

O Alcalde manifesta que vota de menos a Xunta de Galicia na creación de emprego, e tamén manifesta que de momento non se consigueu absolutamente nada, houbo un avance importante pero insuficiente, polo que debemos de manter toda a atención posta no problema do paro que é o que máis preocupa aos nosos cidadáns.

Exit mobile version