Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz aporta datos para un informe do estado económico do concello

Nota de prensa

INFORME DO DELEGADO DE ECONOMIA E A SÚA VEZ ALCALDE DO CONCELLO DE FOZ, JOSE Mª GARCIA RIVERA, SOBRE O ESTADO ECONÓMICO DO CONCELLO DE FOZ A DATA 8 DE ABRIL DE 2011.

Este Alcalde e, á súa vez, Delegado de Economía do Concello de Foz, dende Xuño de 1995 ata a data do balance que presentamos, 08-04-2011, informa e da conta á Corporación Municipal, para que conste en acta do seguinte:

Este Alcalde e o seu equipo colleron o Concello de Foz en Xuño de 1995, existindo en primeiro lugar créditos e préstamos solicitados aos bancos polo Concello de Foz gobernado polo P.P. a 31-12-94. (ollo pechárase a 31-12-1994, é dicir 5 meses antes de celebrar as eleccións municipais, cando aquí estamos a pechar practicamente un mes antes das eleccións municipais). O total da débeda cos bancos era de 1.938.252,74€, gobernando 6 anos.

A débeda que existe cos bancos neste momento, cunha xestión de goberno de 16 anos, é de 1.786.909,05€, é dicir, descontáronse dos créditos pedidos polo goberno do Partido Popular a cantidade de 151.343,69 €.

_________________

Na caixa da Corporación Municipal, é dicir, o diñeiro contable existente na Caixa da Corporación e nos bancos da praza era practicamente daquela cero.

Hoxe tanto na caixa da Corporación como nos bancos da praza, hai unha existencia de 515.738,62€ (aparte a operación de tesourería solicitada por 700.000€, non tendo nada que ver con este saldo dos bancos).

__________________

As facturas que o Concello tiña pendentes de pago na xestión do Partido Popular ata o ano 1995, era de 1.545.339,68 € (ollo, ata o 31-12-1994).

E as facturas que están sen pagar por este goberno a 08-04-2011, suman 1.532.394,04€. É dicir imaxinémonos que o equipo de goberno da miña presidencia, pagou todo o que encargou durante estes dezaseis anos, e a maiores aínda descontou da débeda que nos deixaron o equipo de goberno do Partido Popular en 12.945,64 €.

_______________

Tamén temos que falar de que o noso Concello non cobrou nin un só imposto deste ano 2011, pero si realizou unha cifra contable de canto realmente se pode cobrar en período voluntario, cantidade estimativa calculada polos ingresos reais do 2010, e esa cifra é de 4.527.048,95€, que servirán para pagar as obrigas do Concello, incluída a facturación pendente.

________________

No ano 1995 o noso Concello tiña un volume de endebedamento que superaba o 110%, pois ben podemos dicir que a data 08-04-2011, o volume de endebedamento deste equipo de goberno está no 35,36%, é dicir, máis de 75 puntos por debaixo do permitido pola Lei Xeral, que é o 110%, subido ao 120% neste ano 2011 por mor da crise existente.

_________________

O equipo de goberno do Concello de Foz durante estes dezaseis anos tocoulle realizar case todos os edificios públicos e infraestruturas básicas do noso Concello, así se realizaron as seguintes obras: Casa da Cultura, Centro Social, Centro de Saúde, Estación de Autobuses, Piscina Climatizada, 2ª Gardería para Foz, compra do solar do Bahía, Casa da Xuventude, saneamento integral no 80% do medio rural, abastecemento integral de augas ás parroquias de San Martiño, Sta. Cecilia, S. Acisclo, e os ramais a practicamente todos os barrios e lugares illados do noso Concello, rexeneración total e absoluta do alumeado público, reelectrificacións, construción de dous Campos de Fútbol, construción e remodelación de 5 pavillóns deportivos, compra dun piso para local do Xulgado de Paz, remodelación e construción de Centros Sociais no medio rural, construción das dependencias da Policía Local, reparación integral da rede viaria, construción de beirarrúas no casco urbano, construción do parque infantil de tráfico, construción de 5 parques dotados de mobiliario urbano e xogos para nenos, posta en marcha da Aula da Natureza, construción de pantaláns e beirarrúas novas no peirao de Foz, construción dunha nave municipal no Polígono Industrial de Fazouro, construción de varios paseos marítimos, construción e posta en valor do río Ouro, incluída a Obra Pía, construción do Centro de Interpretación da Mariña de Lugo e moitísimas obras máis de índole menor, que serían farían que esta descrición fose moi ampla.

RESUMEN DA XESTION DOS SEIS ANOS DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR E RESUMEN DA XESTIÓN DOS DEZASEIS ANOS DOS GOBERNOS MUNICIPAIS PRESIDIDOS POLO ALCALDE JOSE Mª GARCIA RIVERA

Xestión do Goberno do P.P. 3.483.592,42€
(préstamos e facturas pendentes de pago)

Xestión do Goberno do presididos por José Mª García Rivera 3.319.303,09€
(préstamos e facturas pendentes de pago)

Diferenza a favor dos equipos de gobernos municipais presididos polo Alcalde José Mª García Rivera, de 164.289,33€.

A maiores quedan na Caixa da Tesorería e nos bancos da praza a cantidade de 515.738,62€.

NOTA. Os datos que manexa o Alcalde José Mª García Rivera referente a estes dezaseis anos de xestión, son do informe de Intervención Municipal emitido o 15 de abril de 2011, con toma de razón do Alcalde-Presidente, José Mª García Rivera, que asina o presente en Foz a vintecinco de abril de dous mil once, entregando unha copia a cada Grupo Político da Corporación Municipal (PSOE, PP e BNG).

Exit mobile version