Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz discrepa das criticas “cada vez que hai unha boa noticia para o noso concello”

Nota de prensa

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, manifesta que cada vez que hai unha boa noticia para o noso Concello, como foron as dúas que acabamos de recibir de que o municipio de Foz foi o que máis rebaixou o paro na provincia de Lugo, e ao mesmo tempo un dos Concellos que suben poboación según o informe do Instituto Nacional de Estadística, esto os Populares de Foz non o poden aguantar, e polo tanto saen ao día seguinte coa canción a que nos teñen acostumados, Rivera é un derrochador, Rivera gasta demáis, non negocia para comprar as fincas como é debido, etc. etc. etc..

Unha vez máis vemos como son capaces de criticar o alquiler dunha finca para colocar unhos depósitos imprescindibles e urxentes para o abastecemento de agua ao noso Municipio, que en menos de dous meses se vai a poñer en marcha a instalación, e logo coma sempre os do Partido Popular van a decir que esa obra é un logro deles, e ata que non se produza eso, estarán continuamente acusando ao Alcalde, estes persoaxes que foron incapaces de levar ao medio rural os servizos básicos que debe de ter todo cidadán, mentres poido asegurar que este Alcalde defende o seu Concello como hai que defendelo e negocia todo aquelo que é necesario negociar para acadar máis servizos e mellores para os cidadáns dunha maneira clara e razonada, polo que o dos depósitos da auga de Fazouro de momento está moi ben negociado.

A maiores teño que decir que nesta obra non soamente o Alcalde do Concello de Foz tivo que negociar os terreos para os depósitos, senón que tivo que conseguir todos os terreos íntegramente para a impulsión da tubería aos depósitos, por camiños diferentes aos que tiña anteriormente, e ao mesmo tempo houbo que negociar a construcción dunha pista, con cesións gratuitas dos veciños, para a baixada da auga dos depósitos á traída xeral que surte a todo o municipio de Foz, para evitar que os veciños de Fazouro teñan que sufrir as tuberías xerais polo medio das casas en previsión dunha futura e esperemos que non se produza continxencia no abastecemento de auga.

Finalmente decirlles aos Señores do PP que levan preto de dezais anos criticando, e outros levamos os mesmos anos traballando día a día, hora a hora e minuto a minuto e segundo a segundo, polos nosos veciños e veciñas do municipio de Foz.

Exit mobile version