Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo propón eliminar 135 mil euros dos orzamentos dedicados a propaganda e salarios do grupo de goberno para dedicalos a crear emprego

Nota de prensa:

O BNG PROPÓN A ELIMINACIÓN DE 135.000 EUROS DOS ORZAMENTOS 2011 DEDICADAS A PROPAGANDA E PROTOCOLO, EXTERNALIZACIÓN DE SERVIZOS E PARTE DOS SALARIOS DO GRUPO DE GOBERNO

Os nacionalistas dedicarían os 135.000 euros ao fomento do emprego autónomo, apoio ao comercio e hostalería, difusión turística, educación, deporte, cultura, política social, e extensión de internet ao rural do municipio.

Critican por esaxerado o gasto en propaganda e din que non e momento de malgastar senón de utilizar os recursos enfocados á creación de emprego, da política social e o benestar da xente.

Cervo, 25 de abril de 2011. O BNG propón a modificación de partidas económicas dos orzamentos municipais para 2011 eliminando aquelas que supoñen gastos en propaganda e protocolo ademais dunha redución dos salarios do grupo de goberno para dedicalas ao fomento do emprego con medidas de apoio aos novos emprendedores, ao comercio e hostalería locais, á difusión turística, ao deporte e a cultura, a políticas sociais e a modernización do concello coa extensión das redes de internet a zonas que na actualidade aínda non dispoñen deste servizo. Os nacionalistas despois dun exhaustivo estudo da proposta orzamentaria do goberno local para 2011 concluíron que “o PP segue instalado na propaganda e non bo vivir, esquecendo mais que nunca nun contexto de crise económica e de desemprego como o actual, que os recursos públicos deben ser utilizados ao servizo da xente e das súas necesidades e non como panca partidista ao servizo de quen goberna.

Os 135.000 euros que o PP dedica a propaganda e auto bombo, salarios e contratas para os de sempre deben poñerse ao servizo da xente de Cervo.

Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, “mentres o PP segue instalado no auto bombo e o bo vivir outros a duras penas chegan a fin de mes” , non é propio dun goberno responsábel que conta con persoal municipal capacitado,  contratar empresas ou  persoas externas para facer traballos que deberan saír de balde, a non ser que o que se pretenda e darlle de comer aos amigos e achegados”. Os nacionalistas criticaron así a política orzamentaria do PP “que lonxe de utilizar os recursos públicos con prudencia parecen ser a fonte da que beben os membros do grupo de goberno, os seus parentes e algún amigo.”

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE CERVO PARA 2011

REDUCCIÓN TOTAL REDUCIÓN GASTO PROPAGANDA  E EXTERNALIZACION SERVIZOS 135846,45
NOVO INVESTIMENTO PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARTIDAS
INFRAESTRURAS INTERNET RURAL REDE WIMAX RURAL 15000
PROGRAMA ACTIVIDADES CENTROS RURAIS PROGRAMA ESTÁBEL CENTROS SOCIAIS RURAIS 15000
EMPREGO AXUDAS A EMPRENDEDORES AXUDAS A EMPRENDEDORES 25000
APOIO COMERCIO E HOSTALERÍA LOCAL DINAMIZACIÓN DO COMERCIO E HOSTALERIA 15000
TURISMO DIFUSIÓN E DESESTACIONALIZACIÓN TURÍSTICA 15000
P. SOCIAL ENTIDADES DEPORTIVAS INCREMENTO APOIO ENTIDADES DEPORTIVAS 10000
EDUCACIÓN MANTEMENTO EDIFICIOS E MATERIAL EDUCATIVO 10000
CULTURA EVENTOS CULTURAIS 15000
POLITICA SOCIAL 15000
TOTAL 135.000

O BNG trasladou hoxe ao pleno onde se debateron os orzamentos para 2011 esta proposta

Estúa explicou que trasladou esta proposta hoxe ao pleno da corporación onde se debateron os orzamentos para 2011 e agarda que o goberno local tome nota, cando menos dalgunha das emendas presentadas. De non ser así o nacionalista xa anunciou que de producirse o cambio no goberno local a partir do día 22 de maio, este paquete de investimentos aplicaríase como compromiso dos nacionalistas na execución orzamentaria.

Exit mobile version