Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz afirma que subir as tarifas co calado que hai no porto é un atraco

Nota de prensa:
Basanta denuncia o problema grave de calado do porto deportivo

O BNG DE FOZ AFIRMA QUE SUBIR AS TARIFAS CO CALADO QUE HAI É UN ATRACO

Foz a 20 de abril de 2011.- O BNG de Foz hai días que ven denunciando o abuso que Portos de Galicia efectuou nas tarifas para embarcacións que teñen o seu atraque nos distintos pantaláns dos portos de Foz. A suba das tarifas anda en todos os casos arredor do 100% e nalgúns casos supérao.

Ata este ano, Portos de Galicia tiña unha bonificación do 50% precisamente naqueles peiraos ou pantaláns cun calado igual ou menor a un metro. Agora, só por motivos exclusivamente recadatorios, Portos deixa de aplicar estas bonificacións de forma inxustificada posto que as circunstancias non cambiaron en nada e os servizos que Portos lles ofrece as embarcacións de Foz deixan moito que desexar (dragados incompletos, guindastres avariados sen amañar, cámaras de vixilancia non operativas, etc.) e non se equiparan o de outros portos da Mariña.

A situación do porto da zona de Tupide é reveladora da situación de emerxencia en que están as embarcacións posto que incluso en mareas non moi grandes as lanchas quedan varadas completamente, sen poder polo tanto saír nin entrar durante toda a baixamar. Se, polo tanto, estas embarcacións non poden desenvolver a súa actividade durante bastantes horas do día non se entende como teñen que pagar como se todo estivera en boas condicións. Desgraciadamente, en Foz temos que pagar os servizos que non temos sen que Portos neste caso sexa sensible a estas circunstancias.

Neste sentido, o portavoz do BNG, Xan Carlos González Basanta, afirma que o lóxico e sensato sería que Portos mantivera a bonificación ata que non se solucione o problema da falta de calado posto que as embarcacións de Foz non poden utilizar o porto en condicións.

Exit mobile version