Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Ribadeo organiza unha cea de remate de precampaña

Nota de prensa

O vindeiro sábado 30 de abril, ás 10 da noite, o BNG de Ribadeo celebra unha cea, no restaurante “Casa Pena” (Vilela), que poñerá remate á precampaña e marcará, cando menos simbólicamente, o comezo da fase final destas eleccións municipais de 2011. Conovocamos a todas as persoas que simpatizan coas nosas ideas, coa nosa maneira de traballar no concello, co noso saber facer, a gozarmos duns momentos de festa e intercambiarmos opinión acerca da marcha da campaña e dos nosos proxectos.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir a este acto poden adquirir o cartón de invitación (18€) no Cantón Bar, na Droguería Pulpeiro e no propio restaurante Casa Pena.

Cea do BNG de Ribadeo.

Sábado 30 de abril de 2011, ás 22,00.

Casa Pena (Vilela)

Prezo: 18€

Exit mobile version