Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que non se fía do PP e quere saber si na residencia de San Cibrao se reservarán prazas para residentes no concello

Nota de prensa

O BNG NON SE FÍA DO PP E RECLAMA SABER SI NA FUTURA RESIDENCIA SE RESERVARÁN PRAZAS PARA RESIDENTES NO CONCELLO

As palabras como as goletas lévaas o vento e o BNG quere respostas por escrito sobre o modelo de xestión da futura residencia

Os nacionalistas insisten en que si o PP quere facer campaña política que o pague do seu peto e non das arcas municipais

Cervo, 1 de abril de 2011. O BNG de Cervo insiste en que o goberno municipal e a Xunta teñen que explicar cal vai ser o modelo de xestión da futura residencia e si vai haber reservas de prazas para os residentes do municipio. Para os nacionalistas o PP non e de fiar e como as goletas, as palabras lévaas o vento polo que requiren respostas por escrito tanto do goberno local como da Consellaría de Benestar. Ao mesmo tempo piden que o goberno municipal cumpra co seu deber de informar á oposición nos prazos que marca a lexislación e digan canto custou ás arcas municipais a elaboración, impresión e envío do panfleto remitido a todas as vivendas de Cervo porqué o diñeiro que e de todos non está para tiralo en edicións de luxo xa que para informar xa están os medios de comunicación e os bandos da alcaldía que son moito mais baratos.

O BNG non se fía do PP e reclama respostas por escrito porqué as palabras como as goletas lévaas o vento.

Os nacionalistas cervenses reclaman respostas por escrito para coñecer si a xestión da futura residencia vai ser pública ou privada e si existe algunha previsión de reservas de prazas para residentes do municipio polo que presentan iniciativas tanto no Parlamento como no concello para ter unha resposta oficial sobre estas dúas cuestións. “O que ten que facer a Sra. Armada e contestar na parte que lle corresponde e facelo nos prazos que fixa a lei”, demandou o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, quen ademais “ve lóxicas estas explicacións” xa que co PP de Cervo “as palabras como as goletas, lévaas o vento e despois so queda lamentarse polo que puido ser e non foi”, en referencia á construción dunha goleta en San Cibrao longamente anunciada e finalmente paralizada. O nacionalista aclara que “de non haber unha xestión pública e reserva de prazas para os residentes do municipio, o investimento pode non servir aos intereses dos veciños que puxeron o solo para a súa construción.”

Para informar están os medios de comunicación e os bandos da alcaldía, non os panfletos de luxo en época preelectoral.

Os nacionalistas reclaman que o goberno local informe, “como e a súa obriga”, sobre o custo dun panfleto con membrete do Concello de Cervo, remitido a tódalas vivendas do concello onde se anuncia a construción da residencia de terceira idade e outra infraestrutura social promovida pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. O BNG suxírelle ao goberno local “o uso dos medios de comunicación e os bandos da alcaldía para informar, que son bastante mais baratos que as edicións de luxo a toda cor e con profusión de fotografías e planos curtos de membros do PP.”

Non e unha novidade que o PP de Cervo confunda a Casa do Concello coa sede do Partido Popular e utilice persoal municipal, medios materiais e económicos ao servizo do partido, denunciou Estúa. En calquera caso “os veciños teñen dereito a saber canto lles costa o deseño, edición e envío deste panfleto” dixo Estúa, quen engadiu ao contrario do que manifesta a edil de Benestar de Cervo, Pilar Armada, “o panfleto nin e pequeno nin e austero, e material de luxo para promoción única e exclusiva do PP en período preelectoral”. Concluíu o nacionalista.

Exit mobile version