Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide un novo status político para defender a pesca galega ante a Unión Europea

Nota de prensa:

O BNG PIDE UN NOVO ESTATUS POLÍTICO PARA DEFENDER A PESCA GALEGA ANTE A UNIÓN EUROPEA

O deputado do BNG, Bieito Lobeira reclama acudir aos tribunais para impugnar as directivas que discriminan á flota pesqueira galega e afirma que “Galiza é competente” para poñer en marcha estes procesos xudiciais

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2011. O portavoz do BNG, Bieito Lobeira presentou hoxe, en sede parlamentar, ante os medios de comunicación, unha proposición non de Lei para defender o sector pesqueiro galego a través dun novo estatus político –institucional para Galiza nesta materia.

O parlamentario do BNG non dubidou na posibilidade de encetar un proceso xudicial ao fin de impugnar as directivas da Unión Europea que –ao seu xuízo- “atacan sistematicamente a capacidade pesqueira galega” porque- dixo- “Galiza ten competencias exclusivas” en materia de pesca interior e marisqueo e non imos tolerar que “un señores de Bruxelas” nos digan o que temos que pescar e onde.

Galiza, un Estado diante da U.E

Para o deputado nacionalista, a situación do sector pesqueiro galego na actualidade “é dramática” e neste contexto, -afirmou- que só podemos actuar como “un Estado” diante da Unión Europea porque non se pode actuar con covardía e resignación ante acordos que marxinan a flota pesqueira galega no propio mar galego.

Lobeira reiterou que o comportamento da Unión Europea é moi diferente segundo os estados e desgraciadamente, “Galiza está a ser maltratada” e por iso hai que defender as competencias exclusivas galegas en materia de pesca en augas interiores.

Neste sentido, reclamou unha presenza real de Galiza naqueles foros nacionais e europeos nos que se deciden os intereses pesqueiros para que a nosa pesca sexa un sector de futuro e desenvolvemento en Galiza.

O Partido popular prioriza e potencia o despece

Lobeira reprochou que os acordos da Unión europea, relativos á redución de capturas para a flota galega, sexan secundados e asumidos pola Xunta e o Partido popular a pesar de seren “nefastos” para este sector e que “dunha maneira obediente” segan reivindicando máis fundos para despece porque –dixo- a política do Partido popular consiste “nesta práctica” ou no amarre.

O portavoz de pesca do BNG insistiu en que durante 25 anos, a alternativa da Unión Europea en conivencia co Partido popular, é “despezar” a flota pesqueira galega e contra isto –afirmou- o Bloque Nacionalista galego seguirá reclamando o dereito a vivir do noso mar.

A proposición non de lei que será debatida proximamente no Parlamento galego tamén reclamará demandar a presenza do Goberno galego no Comité de Pesca hispanoportugués e a transferencia a Galiza das competencias , servizos e función en materia de investigación oceanográfica.

Exit mobile version