Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bordelo volve ao teatro Jofre de Ferrol coa obra Non se pode pedir máis

Nota de prensa:
O Bordelo volve ó Teatro Jofre de Ferrol

“Non se pode pedir máis”

Por terceiro ano consecutivo, o grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo sobe ó podium escénico dos Domingos a Escena de Caranza, en Ferrol, un ciclo que nesta

XI Edición comezou en setembro e despois de representaren 28 compañías de toda Galicia, rematou onte coa publicación da puntuación obtida mediante votación popular, acadando o grupo cervense o segundo posto.

Tendo en conta que O Bordelo gañou a IX Edición, quedou segundo na X Edición e ademais as bases do certame impiden gañar dous anos consecutivos ó mesmo grupo, acadar de novo este posto tan meritorio, a tan só 86 centésimas do primeiro, dalle dereito de voltar a representar no Teatro Jofre de Ferrol coa súa correspondente dotación económica, polo que non se pode pedir máis.

O vindeiro domingo, día 24 de abril, ás sete e media da tarde, os cinco compoñentes: María Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Xosé Manuel González-Copa, Antonio González-Patoso e Francisco Piñeiro subirán ó escenario do coliseo ferrolán para poñer en escena “O espello do prestamista” orixinal do seu director Francisco Piñeiro.

Exit mobile version