Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF Pescados Rubén defenderá o domingo a súa terceira posición ante o Ciudad de Alcorcón

Nota de prensa

O BURELA FSF DEFENDERÁ A TERCEIRA PRAZA ANTE UN ALCORCÓN NECESITADO DE PUNTOS*

**

O Burela FSF Pescados Rubén defenderá este *domingo*, na vixésimo quinta xornada
de Honra, a súa recentemente estreada terceira posición, ante un Ciudad de
Alcorcón, que necesita os puntos para desfacerse do título de farol vermello.
Vista Alegre acollerá o encontro a partir das *12.30 horas*.

Tras o resultado favorable da semana pasada ante o Valladolid (3-2), o cadro
madrileño (17 puntos) chegará a Burela con sede de vitoria; ten a salvación a
catro puntos e, a falta de seis xornadas, está obrigado a aproveitar cada
segundo de xogo.

Pola súa banda, á escuadra laranxa tocaralle aferrarse con uñas e dentes ao
podio, ante o asedio do desbancado Atlético de Madrid Navalcarnero (44), que
visita a pista doutro rival directo, o Diamante-La Rioja (42).

Milena non participará na cita da bomboneira; a brasileira estará uns días no
seu país por motivos administrativos. Chegarán moi xustas Ro, por unha
sobrecarga no abductor, e Lidia, por unha inflamación na inserción distal dos
músculos peroneos.

Exit mobile version