Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do PSOE á alcaldia de Mondoñedo cualifica a candidatura como “renovada, comprometida, ilusionada e que aposta pola xente moza”

Nota de prensa

O CANDIDATO SOCIALISTA Á ALCALDIA DE MONDOÑEDO CUALIFICA A CANDIDATURA COMO “RENOVADA, COMPROMETIDA, ILUSIONADA E QUE APOSTA POLA XENTE MOZA”

-Modesto Díaz García dixo que as persoas que conforman a lista representan os intereses dos veciños da cidade, e anuncia que “traballaran sen descanso para mellorar a calidade de vida dos mindonienses”

Mondoñedo, 7 de abril de 2011.- O candidato socialista á alcaldía de Mondoñedo, Modesto Díaz García cualificou hoxe a candidatura mindoniense como “renovada, comprometida, ilusionada e que aposta pola xente moza”. Sinalou que as persoas que a conforman representan os intereses dos veciños da cidade, e anuncia que traballaran sen descanso para mellorar a calidade de vida dos mindonienses.

A actual concelleira de Medio Ambiente Magdalena Domenech Gruñeiro repite novamente no segundo posto da lista municipal. Actualmente desenrola o seu traballo profesional como Directora do Colexio Publico de Abadin.

Cristina Dorado Sante é a terceira da candidatura socialista. Pertenece ao barrio do Coto e traballa como profesora no IES San Rosendo.

O cuarto posto ocúpao Elisardo Castro Couso, que ata foi pouco era un dos responsables da Xestoría Castro, actualmente esta xubilado, e vive no barrio dos Remedios.

Jose Luis García García participa por primeira vez nunha lista electoral, pertence ao barrio de Figueiras e ocupa o numero 5 da lista municipal, seguido por María Jose Gonzalez-Seco, que é a numero 6.

Manuel Barreira Garcia, xa encabezou noutra nunha convocatoria municipal a candidatura socialista mindoniense, traballa como auxiliar de Farmacia, e é orixinario da parroquia de Viloalle, é o numero 7, seguido de Esperanza González Martín, do Barrio dos Muiños que será a oitava.

O sindicalista e empregado de Finsa, Franciso Domenech Fanego ocupa o noveno posto, xunto co empresario Jose Lorigados González que vai de numero 10, e o maderista Jose Luis Caselas de 11.

Pechan a lista socialista Mª Concepción Rivas Pérez (ama de casa), Jose Maseda González (traballador de Alcoa) e Josefa Martinez Anello.

LISTA MUNICIPAL DO PSOE Á ALCALDIA DE MONDOÑEDO

1-MODESTO DIAZ GARCIA

2-MAGDALENA DOMENECH GRUÑEIRO

3-CRISTINA DORADO SANTE

4-ELISARDO CASTRO COUSO

5-JOSE LUIS GARCIA GARCIA

6-MARIA JOSE GONZALEZ –SECO

7-MANUEL BARREIRA GARCIA

8-ESPERANZA GONZÁLEZ MARTÍN

9-FRANCISCO DOMENECH FANEGO

10-JOSE LORIGADOS GONZALEZ

11-JOSE LUIS CASELAS

12-MARIA CONCEPCION RIVAS PEREZ

13-JOSE MASEDA GONZÁLEZ

14-JOSEFA MARTINEZ ANELLO

Exit mobile version