Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo di que a praia de As Catedrais nunca estivo tan atendida

Nota de prensa

HORACIO CUPEIRO ABOGA POLA POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE ORDENACIÓN E DE SERVIZOS PARA A PRAIA DE AS CATEDRAIS E LEMBRA QUE É O SEGUNDO LUGAR MÁIS VISITADO DE GALICIA DESPOIS DA CATEDRAL DE SANTIAGO.

Ribadeo, 27 de abril de 2011. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, aboga pola posta en marcha dun plan de ordenación e de servizos para a praia de As Catedrais e lembra que é o segundo lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago. Cupeiro rexeita as críticas verquidas durante a pasada semana santa desde os partidos da oposición e di que nunca estivo tan atendida e recibiu tantos galardóns ese areal coma na actualidade.

O edil nacionalista considera que “o noso Concello pode estar orgulloso e agradecido do monumento natural das Catedrais, máis sempre aparecen os oportunistas e defenestradores das cousas ben feitas, cando menos durante estes últimos catro anos”. Horacio Cupeiro subliñou que “nunca houbo tantos visitantes neste espacio natural; nunca contou con tantos galardons: bandeira azul, Q de calidade turistica, ISO 14001 de medio ambiente, ningunha outra praia de España a supera; nunca sufriu tantas auditorias para comprobar o estado das súas augas, dos seus areales, do seu entorno e máis dos seus servizos aos usuarios, como acontece ano tras ano; nunca se vaciaron as fosas sépticas a diario como se fixo na nosa época, e ademáis de forma económicamente sostible, non coma outros que gastaban ata 18.000 euros ao ano e logo preguntan no pleno porqué se gastaron 4.000, claro xa non sabían canto gastaron eles. Ademais do cheiro que habia ano tras ano como pode lerse nas hemerotecas”.

O concelleiro de Medio Ambiente seguiu a relatar que “nunca se limparon os baños tantas veces como se fixo na nosa legislatura: tres veces ao día, repoñendo papel de ser necesario, nunca houbo aparcamento gratuito e con autorización da xunta ata que chegamos nós e nunca houbo rota de senderismo ata Ribadeo pasando por Rinlo, para dispersar parte desa afluencia de visitantes que ano tras ano acuden ás Catearais, protexendo desta maneira o espacio natural”.

Cupeiro dixo que “nesta Semana Santa aparecen coma todos os anos, xa sexa por un papel tirado, por un delfín morto ou por unha persoa ferida, os críticos de turno intentando desprestixiar a labor feita, máis agora en proceso electoral, aínda que o traballo como expliquei antes está feito e os nosos veciños que non son tontos, xa diran si ben ou mal. O que está claro e que se fixeron enquisas a moitos visitantes referente a todo o anterior e a valoración foi sobresaliente na maioría dos casos. Parte das enquisas foron feitas por medios de comunicación, que para nada son sospeitosos”.

Para o responsable de Medio Ambiente “as mentiras, o oportunismo e maila demagoxia deberían valer de pouco como arma electoral, si todo eso é canto teñen para vender. Nós desde que estamos no goberno fixemos moitos trámites ante organismos coma Deputación, Xunta e Estado a través da Demarcación de Costas, co ánimo de facer deste monumento natural algo sostible no tempo. Necesítase un plan de ordenación e de servizos que a día de hoxe non foron quen a sacar adiante. É unha responsabilidade supramunicipal o desenvolvemento do 2º lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago. Xa vai sendo hora de menos promesas e máis realidades, posto que nos xugamos o futuro do noso desenvolvemento turístico e por ende económico”.

Exit mobile version