Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros e Instituto Galego de Consumo informan sobre o cambio das tarifas eléctricas

Nota de prensa

CONCELLO E INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO ORGANIZAN UNHA XORNADA PARA ANALIZAR O AFORRO NA TARIFA ELÉCTRICA. SERÁ O VINDEIRO XOVES NO CENTRO MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 5 de abril de 2011. O Concello de Barreiros en colaboración co Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia organiza a xornada Belenus 2011, que se celebrará o vindeiro 7 de abril de cinco a oito da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O programa ten como obxectivo proporcionar aos consumidores información sobre o cambio das tarifas eléctricas e, en especial a TUR (tarifa de último recurso), o bono social e as tarifas de discriminación horaria, así coma as vantaxes de contratación e os requisitos de cada unha delas. Tamén está previsto analizar a forma de facturación das empresas comercializadoras e as reclamacións dos consumidores.

Os encargados de analizar todas estas cuestións e de respostar ás preguntas que lles poidan plantexar os veciños serán Joaquín Álvarez Domato, técnico do Instituto Galego de Consumo e Andrés Breijo Fuentes, experto en instalacións e facturación eléctrica.

Exit mobile version