Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza unha xornada para abordar a mellora da seguridade das persoas maiores

Nota de prensa

O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA PARA ABORDAR A PREVENCIÓN E A MELLORA DA SEGURIDADE DAS PERSOAS MAIORES. SERÁ OS DÍAS 2 E 3 DE MAIO EN SAN COSME E EN CABARCOS.

Barreiros, 27 de abril de 2011. O Concello e seu departamento de Servizos Sociais organizan o Plan maior de seguridade: prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores, que se celebrará os días 2 e 3 de maio.

O día 2 de maio terá por escenario o centro sociocultural e da 3ª idade Manuel Díaz Sampedro e o 3 de maio desenvolveráse no centro social de Cabarcos. Será nos dous casos en horario de cinco a sete da tarde.

Este plan está destinado ás persoas maiores de Barreiros e nel abordaránse temas como os timos, os hurtos, os roubos á saída dos bancos ou o maltrato a maiores. As xornadas están organizadas polo Concello e contan coa colaboración da Dirección General da Policía e da Garda Civil.

Exit mobile version