Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela anima os veciños para a adopción de tres cans abandonados

TRES CANS ABANDOADOS ATÓPANSE BAIXO A PROTECCIÓN DO CONCELLO DE BURELA, SEGUNDO CONTABA ESTA MAÑÁ LUCÍA BOUZA. A EDIL ANIMA AOS VECIÑOS A PROCEDER Á SÚA ADOPCIÓN.

Burela, 27 de abril de 2011. A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, contou hoxe que hai tres cans que se atopan baixo a protección do Concello e animou aos veciños da vila a proceder á súa adopción. Bouza lembrou que é unha obriga legal que os cans leven microchip, algo que ademáis posibilita que a mascota que se perde poida ser recuperada rápidamente.

A edil socialista explicou que “un deles é un pointer que semella non ser moi novo e que, máis que abandonado, parece estar perdido. É de pequeno tamaño, branco e con manchas marróns e ten colar. Outra é unha cadela, máis grande e esta sí que parece que foi abandonada, posto que está moi delgada. É un cruce dunha raza de caza e parece nova. Estes dous cans son moi mansos e teñen moitas ganas de brincar”. Lucía Bouza engadiu que “ademáis deles, aínda temos unha das famosas cadelas que foran atopadas no cemiterio parroquial no mes de novembro. Trátase da cadeliña que tivo cachorriños. Estes xa foron adoptados todos por varias familias e tamén a outra cadela aparecida no cemiterio foi adoptada. Só queda ésta que é bastante nova e é moi mansa e moi boa, motivo polo cal é unha cadela ideal para estar con nenos”.

A concelleira de Medio Ambiente pídelle á xente que “reflexione sobre a importancia que tén o feito de que os nosos cans teñan microchip porque, ademáis de ser unha obriga legal, facilita que cando un can se perde, atope aos seus donos rápidamente. Tamén quero pedir a todos que, cando coñezan a alguén que maltrate ou abandone a algún can, o denuncien, pois temos que acabar co feito de que España sexa o país da U.E. en maior número de abandonos”.

Bouza prega que “si alguén está interesado en adoptar algún destes cans ou coñece aos seus donos se poña en contacto con nós no teléfono do Concello de Burela, que é o 982 58 60 00”.

Exit mobile version