Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo instala novas marquesiñas en parroquias atendendo demandas veciñais

Nota de prensa

O CONCELLO INSTALA NOVAS MARQUESIÑAS EN VARIAS PARROQUIAS, ATENDENDO ASÍ ÁS DEMANDAS VECIÑAIS.

Ribadeo, 20 de abril de 2011. O Concello instala novas marquesiñas en varias parroquias, atendendo así ás demandas veciñais. O alcalde, Fernando Suárez, di que se trata dunha primeira remesa e que máis adiante seguirán substituindo as vellas por outras máis atractivas e integradas no entorno.

O rexedor explicou que “estamos a instalar unha serie de marquesiñas, moitas delas orientadas para o transporte escolar, aínda que tamén para o transporte discrecional. Ímolas ir poñendo por diferentes parroquias do concello e utilizando para iso recursos da reserva da biosfera na que o Concello está presente e aproveitando unhas subvencións da Deputación Provincial de Lugo”.

Suárez Barcia contou que “instalaremos esta serie de marquesiñas en Covelas, en Arante, en Cedofeita, en Santalla de Vilaosende, no empalme de Rinlo-Vilaframil e tamén en Piñeira, singularmente en Vilar dado que é unha zona bastante urbana. Atendemos así unha demanda da xente desde hai moito tempo. Non son todas as que se necesitan, ésta é unha primeira remesa, e máis para adiante seguiremos a substituir estas vellas marquesiñas de chapa e moi deterioradas por outras novas xa de madeira e de cristal, moi atractivas e moi integradas no noso entorno”.

Exit mobile version