Site icon Crónica3.com A Mariña

O día 16 remata o prazo para entregar traballos para o certame de relato curto do Mar en Burela

Nota de prensa

ATA O 16 DE ABRIL RECÓLLENSE NA BIBLIOTECA OS TRABALLOS PRESENTADOS OS CERTAME DE RELATO CURTO, QUE ORGANIZA A DELEGACIÓN DO MAR. A ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES SERÁ O 20 DE ABRIL ÁS 12 DA MAÑÁ NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.

Burela, 13 de abril de 2011. A concelleira do Mar, Remedios López Villar, lembra que ata o sábado 16 de abril recóllense na biblioteca do Concello os traballos  do Certame de Relato Curto do Mar que organiza este departamento.

A edil socialista sinala que “este ano está adicado ás vacacións” e engade que “logo reunirase o xurado cun representante de cada colexio de Burela e  darase a coñecer o fallo dos tres gañadores, que levarán como premio un traxe de neopreno. O certame faise nestas fechas, porque os nenos remataron a segunda tanda de exames e coa idea de que se abra un abano de suxerencias que o Concello estudará para realizar no verán”.

O vindeiro mércores 20 de abril ás 12 da mañá no salón de plenos do Concello de Burela terá lugar a entrega de premios aos gañadores. Ademáis entre todos os participantes e asistentes sortearase unha Playstation 3.

Exit mobile version