Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Cervo ve ameazas do “Estado español” e esixencias do “Goberno español”

Nota de prensa

COMUNICADO DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE CERVO

Desde o Goberno de Cervo queremos agradecerlle ao Goberno español a través das súas distintas competencias co noso concello a súa moi boa disposición cos veciños de Cervo;

-Acaba de chegarnos unha notificación esixíndonos o pago de unha multa de 5.579,67 euros por poñer uns colectores soterrados enfronte da Praia do Torno, colectores que se puxeron en lugar dos que sempre houbo hasta entón -que estaban postos encima da calzada e desde logo cun impacto visual moito máis forte cos que ahora están-. Daquela, o Estado español, a través do seu servizo de Costas, ameazou con multar ao Concello, en lugar de resolver o asunto dun xeito dialogante como debería de ser entre dúas administración públicas. Pero non, desde o goberno de España é preferible recadar diñeiro multando. E así acaban de facer cos veciños de Cervo.

-Por outra parte, gracias á Tesouería Xeral da Seguridade Social por esixirnos aos cervenses o pago dos honorarios de avogados do propio Estado por un montante total de 19.000 euros. E todo por un asunto como foi á reparcelación dos terreos cercanos ao Hospital da Costa. Un asunto feito fai cerca de 20 anos e onde agora os socialistas que están gobernando España denuncian ao Concello de Cervo por facer mal esa reparcelación. É curioso que daquela os responsables da súa resolución foron tamén gobernos do Psoe tanto no estado español como no goberno do concello de Cervo. E polo tanto, o que agora denuncia que está mal feito é outro goberno socialista no estado español coa diferencia de que no goberno de Cervo está o PP. E o peor de todo é que desde esa o hospital está no concello de Burela e o Concello de Cervo non é competente para resolver.

Ante estes feitos é de agradecerlle ao goberno socialista de España a súa moi boa disposición e dilixencia con estes asuntos .Os veciños de Cervo saberán agradecérllelo a eles e tamén aos seus representantes locais no concello de Cervo. A súa intermediación con estes asuntos desde logo que debeu ser clave para chegar a estas conclusións.

É significativo tamén indicar a súa moi boa disposición noutro asunto de interese para tódolos veciños de este Concello. Desde o Concello de Cervo levamos cerca de 2 anos pedindo únicamente unha firma para poder utilizar os locais baleiros da casa do mar de San Ciprián. Solo pedimos unha firma. Non pedimos ningún solo euro. Ao contrario, xa que desde o Concello nos faríamos cargo do mantemento da Casa do Mar. Pero debe ser que como neste asunto non se recada ningún diñeiro deben de telo aparcado para resolvelo noutro momento. Xa que é moito máis interesante recadar que poñer a disposición dun Concello e dos seus veciños uns locais que están baleiros desde fai 2 anos.

Exit mobile version