Nota de prensa
O Ministerio de Medio Ambiente informa positivamente o plan sectorial elaborado pola Xunta para dotar de novos servizos ao concello de Barreiros
ISMAEL REGO quedase sÓ no psoe nas súas críticas á solución urbanística da xunta para barreiros
Desautorizado: Tanto os socialistas no Goberno estatal como os seus compañeiros de partido na Deputación e a nivel local consensuaron e avalaron a alternativa plantexada polo Executivo galego botando por terra as tedes defendidas polo deputado mariñán.
Barreiros, 19 de abril de 2011.- Despois de que no día de onte o Ministerio de Medio Ambiente informara positivamente o plan sectorial elaborado pola Xunta de Galicia para dotar de novos servizos ao concello de Barreiros e, con elo, avalara o próximo desbloqueo da situación urbanística deste municipio, o deputado popular Jose Manuel Balseiro quixo significar a situación de extrema “precariedade política e contínua desautorización” na que se atopa o parlamentario socialista Ismael Rego, “quen se está a quedar só dentro do seu partido” ao manter crispadas e belixerantes críticas á solución urbanística formulada pola Xunta para Barreiros.
Balseiro lembrou que tanto os socialistas que a día de hoxe teñen a responsabilidade de Goberno na Administración estatal como os compañeiros de partido de Ismael Rego na Deputación de Lugo e a nivel local consensuaron e avalaron en todo momento a alternativa plantexada polo Executivo galego para dar solución á situación urbanística herdada das desatinadas decisións adoptadas no seu día pola Xunta bipartita e que supuxeron a paralización de todas as obras.
“Ismael Rego non pode quedar nunha situación peor, cando nin tan sequera os seus compañeiros de partido son capaces de escoitarlle e apoiar as súas teses. Está claro que este deputado socialista ten unha obsesión permanente contra Barreiros, quizá para agochar moitas das desfeitas que gobernos municipais do PSOE fixeron noutros concellos da Mariña. Ningún veciño pode comprender que aqueles que desde a Xunta bipartita primeiro xeraron un problema paralizando a actividade construtiva agora se opoñan á solución”
COHERENCIA POPULAR
Balseiro defendeu pola contra, a posición inequívoca e totamente coherente que vén mantendo o Partido Popular nesta cuestión e significou unha vez máis que a solución da Xunta, a través do Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal, constitúe a fórmula técnica máis intelixente, que permitirá o remate das obras iniciadas e completar a estrutura de servizos que beneficiarán tanto aos que compraron as súa vivenda coma ao conxunto dos veciños do concello.
Finalmente Balseiro significa que tras desautorizar a Ismael Rego o PSOE recupera certa cordura argumental e volve a situarse do lado dos veciños como xa fixo cando desde a Deputación de Lugo e a nivel local decidiron sumarse ao convenio asinado coa Xunta.