Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que reclamará no Parlameto solucións para a situación do treito estatal da estrada da costa

Nota de prensa

O departamento estatal que dirixe o socialista Jose Blanco esconde nun caixón durante preto de sete anos os trámites para o impulso administrativo desta obra e incumpre a súa propia normativa vixente ao manter preto de dous anos sen resolver as alegacións ao Estudo Informativo que debera ter listas en 4 meses

O GRUPO POPULAR RECLAMARÁ NO PLENO DO PARLAMENTO GALEGO SOLUCIÓNS PARA A SITUACIÓN DE ABSOLUTA PARÁLISE DO TREITO ESTATAL DO CORREDOR DA COSTA

Pedirán que Fomento resolva no prazo máximo dun mes as alegacións recibidas por concellos, colectivos e particulares fronte ao Estudio Informativo do corredor viario entre San Ciprián e Barreiros, proceda á licitación inmediata do proxecto e estableza un cronograma de execución concreto, comprometendo os investimentos necesarios e suficientes para facelo realidade.

A Mariña lucense, 23 de abril de 2011.- A Grupo Popular levará ao pleno do parlamento unha proposición non de lei –a iniciativa do deputado mariñán Jose Manuel Balsiero- na que require solucións para a situación de absoluta parálise na que o Goberno socialista central mantén o treito estatal do corredor da costa. Os populares pedirán que Cámara inste ao Ministerio de Fomento a resolver no prazo máximo dun mes as alegacións recibidas por concellos, colectivos e particulares fronte ao Estudo Informativo e de Impacto ambiental do corredor viario que une as localidades de San Ciprián e Barreiros. Na súa iniciativa tamén reclaman que o Ministerio proceda á inmediata licitación do proxecto e que estableza un cronograma de execución concreto, comprometendo nel os investimentos necesarios e suficientes para facelo realidade.

O departamento estatal que dirixe o socialista Jose Blanco esconde nun caixón durante preto de sete anos os trámites para o impulso administrativo desta obra e incumpre a súa propia normativa vixente ao manter preto de dous anos sen resolver as alegacións ao Estudo Informativo que debera ter listas en 4 meses.

INCUMPRIMENTO NA NORMATIVA VIXENTE

O departamento estatal que dirixe Jose Blanco incumple o artigo 34.9 do Real Decreto 1812/1994, de 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Estradas. Alí establécese de xeito taxativo que superado o prazo de rexistro de alegacións fronte ao Estudo Informativo e de Impacto Ambiental hai un prazo de 4 meses para resolver as alegacións. Este prazo límite está amplamente superado. Para dar conta do último trámite administrativo sobre o treito estatal do corredor hai que retrotraerse ata o 23 de xuño de 2009, cando o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba o anuncio polo que se sometía a información pública a aprobación provisional do estudo informativo e de impacto ambiental desta vía.

MANOBRAS DILATORIAS

“Preto de dous anos máis tarde, as manobras dilatorias do Goberno socialista central, non só están a privar aos veciños da Mariña lucense dunha infraestrutura vital para a vertebración e mellor conexión viaria da comarca, senón que incluso aínda non se coñece nin tan sequera cal será o trazado definitivo da vía”-explicou Balseiro.

INSUFICIENTE PRESUPOSTO

A estes inconvenientes cómpre engadir os derivados da insuficiente previsión orzamentaria. Ano tras ano os Presupostos Xerais do Estado recollen partidas mínimas para a execución desta infraestrutura, que non chegan a executarse. No 2011 os orzamentos elaborados polo Goberno socialista tan só destinan a esta vía 134.100 euros unha cantidade moi insuficiente que, probablemente, tampouco se executará.

A falta de vontade e nulo interese do Ministerio de Fomento contrasta co compromiso e o traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia no seu ámbito de competencia, isto é, nos treitos de titularidade autonómica que unirán as localidades de San Ciprián (Cervo) e Ferrol. Só o investimento do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo no tocante aos treitos lucenses xa superan os 30 millóns de euros, o que multiplica por dez as previsións orzamentarias do Goberno do Estado.

COMO MÍNIMO UN ESFORZO SIMILAR Á XUNTA

Cómpre lembrar tamén que, tras a chegada do Partido Popular á responsabilidade do Goberno autonómico comezaron, por primeira vez, as obras no primeiro dos treitos lucenses de competencia autonómica, entre Celeiro e San Ciprián. Hoxe a administración central está a executar obras en gran parte do resto do trazado competencia da Xunta quen vén de impulsar a tramitación administrativa dos treitos pendentes no seu conxunto. Os populares reclaman en consecuencia un esforzo similar por parte de Fomento.

Exit mobile version