Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Pontenova asegura que o concello devolve case 13 mil euros a Xunta

Nota de prensa

A Pontenova devolve case 13.000 € á Xunta de Galicia.

O Concello de A Pontenova deixou de executar case que 13000 €, dos 148.369,23 € que lle concedeu a Secretaría Xeral de Familia e Benestar para o mantemento do servizo de axuda no fogar.
O Partido Popular denuncia a inoperancia e a falta de rigor do equipo de goberno pontenovés e do seu alcalde, Darío Campos. É incrible que desde o equipo de goberno local non se sexa quen de organizar un servizo para o que hai cartos e teñan que devolverse, e sobre todo si se trata dun servizo tan sensible como o colectivo dos maiores máis necesitados do noso concello. Tamén o PP denuncia como o Concello de A Pontenova non está a prestar aos usuarios do servizo de axuda no fogar, en varios casos, as horas que teñen recoñecidas e tampouco se está prestando os fins de semana o servizo de axuda no fogar.
O PP afirma que Darío Campos e o seu equipo de goberno teñen totalmente olvidada áss persoas maiores de A Pontenova, xa que desde que eles gobernan non se pediu nin se mellorou un só servizo social para eles, non se tramitou o centro de día, non se tramitou a residencia, non se abriron centros sociais nas parroquias, etc. e a única mellora, concretamente, no servizo de axuda a domicilio, é a que ven facendo a Xunta de Galicia, incrementando o Plan Concertado e os cartos que manda para Axuda no Fogar, que permite contratar e pagar o persoal e mellorar o servizo e encima o equipo de goberno é incapaz de xestionalos e dar un bo servizo.

O PP tamén se pregunta a que se dedica a concelleira de Servizos Sociais, Dª Isabel Couto, e como é posible que sexa capaz de deixar aos veciños de A Pontenova sen mellorar o servizo de axuda no fogar e devolver diñeiro á Xunta de Galicia.

Exit mobile version