Nota de prensa
O PP, disposto a potenciar a Escola de Música.
Os populares afirman os cidadáns de Burela están preocupados polo paro, pola subida da luz e pola conxelacións das pensións.
Burela, 19 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela mantivo onte luns unha xuntanza coa Asociación de Amigos da Banda de Música, e na mesma o PP manifestou a súa disposición a potenciar a Escola de Música burelesa. En días pasados, o PP xa se reunira coa Asociación de Usuarios da Escola de Música (ASUEMBU).
Os representantes do PP, encabezados polo seu candidato, José María González Barcia, quixeron deixar mui claro que a aposta pola Escola é nítida, pola sinxela razón de que foi precisamente co PP no goberno municipal cando arrancou a Escola de Música.
Pero ademais quixeron manifestar o sue compromiso de potenciala, en base a varios criterios: por un lado, o PP está disposto a revocar o Regulamento da Escola, porque, ainda que non chegou a aplicarse na práctica, trae consigo que o concello e a política invada o funcionamento da Escola, e os populares entenden que a presencia do concello na Escola tén que ser limitada.
Ademais, hai que potenciar a creación dunha orquestra de cámara dentro da propia Escola, para facilitar así a formación do alumnado. Ademais, os populares pretenden arbitrar fórmulas que posibiliten o acceso do alumnado á formación musical reglada.
Finalmente, desde o PP entenden que hai que revisar a vinculación das agrupacións musicais creadas coa propia Escola Municipal, e mesmo arbitrar fórmulas legales para establecer tal relación.
Tamén onte os representantes do PP mantiveron reunións con veciños na Vila do Medio e na Rúa do Río. Nestas reunións, os populares indicaron que os bipartitos crean problemas en vez de solucionalos: “cando alguien chega ó concello, non sabe con quen tén que falar, si con uns, ou cos outros; ademais, os cidadáns galegos xa dixemos claramente hai dous anos cal era a nosa opinión sobre os bipartitos”.
Igualmente, os populares manifestaron que os problemas dos cidadáns de Burela son os mesmos cós de calquera outra zona de España: “a xente está preocupada polo paro, pola subida da luz, pola subida de impostos, pola subida da bombona de butano, pola conxelación das pensións, e de todo eso teñen a culpa os socialistas, co apoio do Bloque. Polo tanto, tamén hai que falar deses asuntos, e explicarlle ós cidadáns que se está xogando cos nosos cartos, algo que os socialistas fan sempre que están gobernando”.