Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que fomentará o asociacionismo das persoas con discapacidade

Nota de prensa

O PP fomentará o asociacionismo das persoas con discapacidade.

Implantará a accesibilibidade a discapacitados para os contidos e información que xenere o concello.
Aposta decididamente polo centro de día para discapacidade intelectual.

Burela, 16 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela mantivo hoxe sábado unha reuniòn de traballo con representantes de persoas con discapacidade, concretamente COGAMI e CAMIÑA, para explicarlles as liñas maestras do programa electoral popular en materia de discapacidade.

Os populares ratificaron o seu compromiso decidido coas persoas con discapacidade, porque “en Burela os servicios sociais e a atención a discapacitados arrancaron cun goberno municipal do PP, e porque na nosa candidatura hai persoas que traballan neste campo e coñecen ben a problemática”.

O PP, ademais de reiterar a necesidade de concertar prazas no actual centro de día de discapacitados, está decidido a apostar polo fomento do asociacionismo das persoas con discapacidade, e da sensibilización da poboación en xeral neste campo, porque calquera pode verse en situación de discapacidade en calquera momento.

Igualmente, os populares redactará en seis meses unha ordenanza que garanta a accesibilidade a espacios públicos e privados, pero que tamén garanta a accesibilidade ós contidos e á información que xenere o propio concello, algo que nestes momentos non acontece.

Pero sen dúbida a aposta forte do PP no campo da discapacidade é a construcción dun centro de día e residencia para persoas con discapacidade intelectual. Os populares retomarán un proxecto que comenzou a súa andaina cando gobernaron o concello e que quedou totalmente paralizado polo bipartito, ainda que sabedores das dificultades que xenera a actual situación de crise económica desde o PP non se comprometen a fixar prazos para a súa posta en servicio. Desde o PP lembran que existe solar para poder construir o edificio, solar que é propiedade xa nestes momentos da Xunta de Galicia, e que sò necesita un proceso de desafectación para pode destinalo ó fino que os populares pretenden.

Finalmente, o PP valorou mui positivamente a reunión mantida cos representantes dos colectivos de discapacitados, recollendo a suxerencia de apostar polo voluntariado implicado no campo da discapacidade.

Exit mobile version